O Club San Francisco Teo segue o lema de “Unha alternativa á rúa”, unha metodoloxía de traballo baseada nos valores, como piar fundamental de toda práctica deportiva. Todas as modalidades deportivas: Karate, Fútbol Sala, Judo e Xadrez, teñen como finalidade proporcionarlles ós e ás deportistas a formación necesaria que lles permita medrar como persoas.

A nosa traxectoria é mostra do traballo constante e o esforzo como comezo do camiño a percorrer para a consecución dos méritos obtidos (chegando a competir a nivel nacional e internacional). Concibindo sempre a competición como un espazo de formación e aprendizaxe, onde pór en práctica os valores adquiridos e non como un medio de determinar vencedores e vencidos.

 

CONTACTO:

Estamos en Os Tilos (Teo) moi preto de Santiago de Compostela. 

R/ AMENEIRO, 8 (Baixo Parroquial) OS TILOS. 15894 – TEO (A CORUÑA)

Teléfono: 981819501
Móvil: 617177492
Email: clubsanfrancisco@arcostilos.org

LOCALIZACIÓN:

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *