Xavier Santos Veiga seleccionado para participar no Campionato de Europa CD/JR/SUB-21

O San Francisco Teo segue facendo historia no karate galego. A convocatoria de Xavier Santos Veiga para disputar o Campionato de Europa Cadete, Junior e Sub-21, suporá a primeira participación dun karateca galego nunha competición internacional destas características. Un feito sen precedentes nas catro décadas de historia do karate autonómico. A Federación Española deposita a súa confianza no karateca que adestra Óscar Lafuente López, para medirse ante a elite do karate europeo en Sofía (Bulgaria) do 17 ao 19 de febreiro de 2017. Durante os últimos anos outros destacados deportistas do club teense quedaron ás portas de representar a España nun europeo ou nun mundial, pero foi Xavier o que abriu unha porta ata agora pechada para calquera karateca de Galicia. Pero non será único karateca galego presente na máxima cita europea, a ferrolá Ana María de la Muela Ploegstra tamén formará parte da selección española.

A convocatoria de ambos deportistas é a mostra do excelente estado de saúde do que goza o karate galego, que ten no San Francisco Teo a un dos seus máximos exponentes.

Si te gusta, compártelo 🙂Email this to someoneTweet about this on TwitterShare on Google+Share on Facebook

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *