Archivo de la etiqueta: Proxecto Mundial

PROXECTO MUNDIAL en TEO – IV Trofeo Internacional de Karate San Francisco Teo

O 2 de setembro a localidade teense de Os Tilos acollerá unha nova edición do Proxecto Mundial, contando coa presenza das seleccións de España, Portugal e Galicia das categorías CD/JR/SUB-21. Unha iniciativa organizada polo Club San Francisco Teo en colaboración coa Federación Galega de Karate e a Real Federación Española de Karate co principal obxectivo de proporcionar formación de carácter técnico e experiencias competitivas de alto nivel ós/ás deportistas e adestradores/as participantes.

Como vén sendo habitual nas citas do Proxecto Mundial, celebrarase un Curso de Shiai Kumite de Alta Competición impartido polo seleccionador nacional César Martínez Blanes que servirá de preparación para o combinado da RFEK e ao que poderán asistir aqueles/as deportistas e técnicos/as que formalicen a súa inscrición.

Paralelamente celebrarase o IV Trofeo Internacional de Karate San Francisco Teo, que enfrentará aos componentes das seleccións participantes e ós/ás deportistas dos clubs interesados en participar.

Éxito do Proxecto Mundial en Teo

A terceira edición do Proxecto Mundial celebrado en Teo do 4 ao 6 de novembro de 2016 foi un completo éxito. A iniciativa organizada polo Club San Francisco Teo foi acollida con entusiasmo rexistrándose unha elevada participación a escasos días da celebración do Campionato de España cadete, junior e sub-21 en Tenerife. Sigue leyendo

Proxecto Mundial-III Trofeo Internacional de Karate San Francisco Teo

O Proxecto Mundial regresa a terras galegas. Un ano máis a localidade teense dos Tilos acollerá outra edición do Proxecto Mundial. Unha iniciativa organizada polo Club San Francisco Teo en colaboración coa Federación Galega de Karate e a Real Federación Española de Karate. O principal obxectivo é proporcionar formación de carácter técnico e experiencias competitivas de alto nivel aos deportistas e adestradores participantes. En Teo daranse cita os integrantes das seleccións española, portuguesa e galega da modalidad de kumite nas categorías cadete, junior e sub-21.

Servirá de preparación aos integrantes das seleccións española e portuguesa de cara aos compromisos internacionais que deberán afrontar en 2017, o máis inmediato deles o Campionato de Europa de Sofía (Bulgaria) no mes de febreiro. Será tamén un excelente test previo para todos aqueles deportistas que poidan participar no Campionato de España CD/JR/SUB-21 que se celebrará o 26 e 27 de novembro en Tenerife, entre eles os integrantes da selección galega.

Como vén sendo habitual nas citas do Proxecto Mundial, celebrarase un Curso de Shiai Kumite de Alta Competición impartido polo seleccionador nacional César Martínez Blanes, que servirá de preparación para o combinado da RFEK y ao que poderán asistir aqueles deportistas e técnicos que desexen coñecer os métodos de traballo seguidos polo combinado nacional.

Paralelamente celebrarase o III Trofeo Internacional de Karate San Francisco Teo, que enfrentará aos compoñentes das seleccións participantes e aos deportistas dos clubs e federacións interesadas en participar.