Archivo de la etiqueta: karate

Campionato de España de Karate CD/JR/SUB-21

A cidade de Santa Cruz de Tenerife acolle a celebración do Campionato de España CD/JR/SUB-21. Os participantes na máxima competición nacional serán:

  • Xavier Santos Veiga
  • Jacobo Veiga Piñeiro
  • Isabel San Martín López
  • Silvia Lobato Ríos
  • Paula Garabatos Diéguez
  • Lucas Febrero Souto

Tamén estarán presentes na competición outros integrantes do CSFTEO:

  • Diego González Llecha (árbitro)
  • Ruth Lorenzo Couso (seleccionadora galega de kumite)
  • Óscar Lafuente López (Subdirector Técnico RFEK)

 

6 medallas no XVI Open de Karate Cidade de Ferrol

Fantásticos resultados do CSFTEO no XVI Open de Karate Cidade de Ferrol celebrado o 12 de novembro no Pavillón Municipal de Esteiro da cidade ferrolá. Silvia Lobato Ríos (cadete), Xavier Santos Veiga (junior) e Paula Garabatos Diéguez (junior) lograron o primeiro posto nas súas respectivas categorías. Sigue leyendo

Éxito do Proxecto Mundial en Teo

A terceira edición do Proxecto Mundial celebrado en Teo do 4 ao 6 de novembro de 2016 foi un completo éxito. A iniciativa organizada polo Club San Francisco Teo foi acollida con entusiasmo rexistrándose unha elevada participación a escasos días da celebración do Campionato de España cadete, junior e sub-21 en Tenerife. Sigue leyendo

Proxecto Mundial-III Trofeo Internacional de Karate San Francisco Teo

O Proxecto Mundial regresa a terras galegas. Un ano máis a localidade teense dos Tilos acollerá outra edición do Proxecto Mundial. Unha iniciativa organizada polo Club San Francisco Teo en colaboración coa Federación Galega de Karate e a Real Federación Española de Karate. O principal obxectivo é proporcionar formación de carácter técnico e experiencias competitivas de alto nivel aos deportistas e adestradores participantes. En Teo daranse cita os integrantes das seleccións española, portuguesa e galega da modalidad de kumite nas categorías cadete, junior e sub-21.

Servirá de preparación aos integrantes das seleccións española e portuguesa de cara aos compromisos internacionais que deberán afrontar en 2017, o máis inmediato deles o Campionato de Europa de Sofía (Bulgaria) no mes de febreiro. Será tamén un excelente test previo para todos aqueles deportistas que poidan participar no Campionato de España CD/JR/SUB-21 que se celebrará o 26 e 27 de novembro en Tenerife, entre eles os integrantes da selección galega.

Como vén sendo habitual nas citas do Proxecto Mundial, celebrarase un Curso de Shiai Kumite de Alta Competición impartido polo seleccionador nacional César Martínez Blanes, que servirá de preparación para o combinado da RFEK y ao que poderán asistir aqueles deportistas e técnicos que desexen coñecer os métodos de traballo seguidos polo combinado nacional.

Paralelamente celebrarase o III Trofeo Internacional de Karate San Francisco Teo, que enfrentará aos compoñentes das seleccións participantes e aos deportistas dos clubs e federacións interesadas en participar.

Prata para Ruth Lorenzo en Valladolid coa Selección Galega de Karate

As nosas karatecas, Ruth Lorenzo Couso e Paula Garabatos Diéguez participaron o 29 de outubro no VIII Trofeo de Karate Junta de Castilla-León, competición á que asistiron como integrantes da Selección Galega de Karate. Ruth obtivo a medalla de prata en kumite senior -61 kg., perdendo na final ante Lourdes Posadas Montoya por un axustado 1-0. Paula tamén loitou polas medallas aínda que perdeu o combate polo bronce, clasificándose nun meritorio cuarto lugar. O resto de compoñentes da selección tamén tiveron unha boa actuación, destacando a medalla de prata obtida por Joaquín Barreira Méndez (kumite cadete -63 kg.) e o bronce de Nicolás Pinaque García (kata xuvenil)

Probas de selección do Campionato de España CD/JR/SUB-21

O 30 de outubro no Pavillón Municipal de As Pontes terán lugar as probas de selección de deportistas das que sairá a selección galega que participará no Campionato de España CD/JR/SUB-21 que se celebrá en Tenerife o 26 e 27 de novembro. Os horarios son os seguintes:

  • Categoría cadete: 10´30 a 13´30 horas
  • Categorías junior e sub-21: 15´00 a 18´00 horas

Poderán participar os medallistas do Campionato Galego CD/JR/SUB-21.

VIII Trofeo de Karate Junta de Castilla-León

Paula Garbatos Diéguez (kumite junior open) e Ruth Lorenzo Couso (kumite senior -61 kg.) formarán parte da selección galega de karate que participará nesta competición. As seleccións participantes, ademais da galega e a de Castela-León como anfitrioa, son as de Asturias, Cantabria, Castela-A Mancha, Extremadura, Galicia, Madrid e o País Vasco.

10 medallas para o CSFTEO no Campionato Galego de Karate CD/JR/SUB-21

Destacada actuación d@s karatecas do San Francisco Teo no campionato galego das categorías cadete, junior e sub-21; celebrado en Ferrol o pasado 23 de outubro. O excelente estado de forma co que chegaron á máxima competición autonómica fixo que obtiveran un total de 10 medallas, catro delas de ouro, situando ao San Francisco nos lugares máis altos do medalleiro. Sigue leyendo