Archivo de la etiqueta: karate

PROXECTO MUNDIAL en TEO – IV Trofeo Internacional de Karate San Francisco Teo

O 2 de setembro a localidade teense de Os Tilos acollerá unha nova edición do Proxecto Mundial, contando coa presenza das seleccións de España, Portugal e Galicia das categorías CD/JR/SUB-21. Unha iniciativa organizada polo Club San Francisco Teo en colaboración coa Federación Galega de Karate e a Real Federación Española de Karate co principal obxectivo de proporcionar formación de carácter técnico e experiencias competitivas de alto nivel ós/ás deportistas e adestradores/as participantes.

Como vén sendo habitual nas citas do Proxecto Mundial, celebrarase un Curso de Shiai Kumite de Alta Competición impartido polo seleccionador nacional César Martínez Blanes que servirá de preparación para o combinado da RFEK e ao que poderán asistir aqueles/as deportistas e técnicos/as que formalicen a súa inscrición.

Paralelamente celebrarase o IV Trofeo Internacional de Karate San Francisco Teo, que enfrentará aos componentes das seleccións participantes e ós/ás deportistas dos clubs interesados en participar.

Catro medallas no Campionato Galego Senior de Karate

Catro metais para o San Francisco Teo no Campionato Galego Absoluto que se celebrou o pasado domingo na localidade de As Pontes. Na modalidade de kumite feminino as teenses foron as absolutas dominadoras ao impoñerse nas dúas categorías en disputa. Ruth Lorenzo Couso obtivo o ouro en -61 kg. e Nerea Bellido Echebarrieta fixo outro tanto en +61 kg. Tamén foi destacable a actuación en kumite masculino, onde Borja Pérez Saavedra obtivo unha prata en -75 kg. e Antonio Cartolano Blanco un bronce en -84 kg.

Xavier Santos Veiga seleccionado para participar no Campionato de Europa CD/JR/SUB-21

O San Francisco Teo segue facendo historia no karate galego. A convocatoria de Xavier Santos Veiga para disputar o Campionato de Europa Cadete, Junior e Sub-21, suporá a primeira participación dun karateca galego nunha competición internacional destas características. Un feito sen precedentes nas catro décadas de historia do karate autonómico. Sigue leyendo

Espectacular inicio de 2017 dos nosos karatecas

O 2017 non puido comezar de mellor xeito para as e os karatecas do CSFTEO, que non deixan de colleitar éxitos deportivos. Os resultados obtidos nas competicións celebradas ata o momento foron os seguintes:

III Open Internacional IOSTK (Oviedo, 7 de xaneiro de 2017)

  • Xavier Santos Veiga: ouro en kumite junior -65 kg.
  • Ruth Lorenzo Couso: prata en kumite senior open
  • Anxo Cepeda Mendoza: bronce en kumite xuvenil -50 kg.

Sigue leyendo

Tres medallas no VII Trofeo Navidad de Karate Centro Deportivo Gijón

Excelente peche de ano dos karatecas do CSFTEO, que o pasado sábado se desprazaron ata terras asturianas para participar no VII Trofeo Navidad Centro Deportivo Gijón. Os resultados obtidos foron os seguintes:

  • Xavier Santos Veiga: ouro en kumite junior +65 kg.
  • Isabel San Martín López: ouro en kumite junior -55 kg.
  • Jacobo Veiga Piñeiro: bronce en kumite junior -65 kg.

Prata para Xavier Santos Veiga no Campionato de España CD/JR/SUB-21

Xavier Santos Veiga, karateca do CSFTEO, proclamouse a pasada fin de semana subcampión de España en kumite junior -68 kg. O noso deportista perdeu a final por un axustado marcador de 1-0. O combate foi en todo momento moi igualado e Xavier tivo serias opcións de resultar vencedor, aínda que finalmente tívose que conformar coa prata. Sigue leyendo