Archivo de la etiqueta: Fútbol Sala

Sábado 11 de xuño Final da Copa Santiago de Fútbol Sala

O pasado sábado 4 de xuño o equipo de Prebenxamín de 1º ano disputou as semifinais da Copa de Santiago no pavillón do Restollal en Santiago de Compostela.

Nun divertido partido o equipo de CSF Teo venceu ao Victoria por 6-2. Esta fin de semana agárdalles a final contra o FutSal, o partido será o sábado ás 16:30 no pavillón de Santa Isabel en Santiago de Compostela.

Unha xornada máis para disfrutar do fútbol sala.

Un fútbol distinto…un fútbol nos Tilos.

Colaboración do CSFTEO no II Día do Deporte Solidario

O pasado 4 de xuño celebrouse en Santiago de Compostela, no Centro Comercial Área Central, o II Día do Deporte Solidario, unha iniciativa organizada en beneficio da Asociación Aspas. Os a as deportistas de CSFTEO das disciplinas de judo, karate e xadrez levaron a cabo ao longo do día diferentes actividades co propósito de achegar e dar a coñecer os seus respectivos deportes á cidadanía. Sigue leyendo

Balance positivo dos equipos de Fútbol Sala neste trimestre

Apiques de chegar as vacacións de Semana Santa facemos un pequeno resumo do disputado ata o de agora:

A tempada está sendo un ano divertido e moi moi positivo, tendo nas categorías de menor idade unha festa continúa, rematando as primeiras fases nunhas posicións moi meritorias: os Prebenxamíns de 1º ano sendo campións de grupo e os Benxamíns sendo semifinalistas de Liga.
Sigue leyendo

Os equipos de Prebenxamín participan no IV Torneo de Canteiras do Praíña Sporting Club

Hoxe os cativos de Fútbol Sala poñen o colofón ao ano 2015 da mellor maneira posible, disputando as semifinais do IV Torneo de Canteiras do Praíña Sporting Club no pavillón dos Tilos, e sobretodo disfrutando do fútbol sala.

Os prebenxamíns de 1º ano xogan ás 17:30h. contra o Villestro, mentres que os prebenxamíns de 2º ano xogarán ás 18:00h. contra o Victoria. A continuación,  ás 19:00h. e ás 19:30h. serán as finais nas que esperamos estar, e senon quedaramos o ben que o pasamos estes tres días.

Dar as gracias  ao Praiña pola invitación e por organizar este tipo de eventos, e dende fúbol sala: Bo ano 2016!!! no que seguiremos futboleando a nosa maneira.

Prebenxamíns 1º ano

Prebenxamíns 1º ano

Prebenxamíns 2º ano

Prebenxamíns 2º ano

Información inicio de tempada 2015/16

Iniciamos unha nova tempada deportiva no Club San Francisco Teo, da cal agardamos que sexa semellante ou mellor á finalizada. Seguiremos traballando pola promoción do deporte como opción saudable fronte ao sedentarismo e como vehículo transmisor de hábitos e valores positivos, a través de tódalas disciplinas deportivas.

Neste mes de setembro deron comezo os seus adestramentos as disciplinas de Karate e Judo, e a medida que avance o mes incorporaranse os demais deportes do CSF Teo, sendo no mes de outubro cando se inicien cos horarios habituais para as e os deportistas.

Nos seguintes enlaces podedes atopar a información dos deportes que comezan a súa actividade deportiva no mes de setembro:

Karate 15-16

Judo 2015-16

Futbol Sala 2015-16*   (horarios provisionais no pavillón municipal de Os Tilos, pendentes de confirmación para esta tempada)

Se precisas máis información estamos en horario de tarde de 16:00 a 21:00 horas ou ben a través do correo electrónico: clubsanfrancisco@arcostilos.org

Comezamos a tempada 2015/16!

Os Deportes do CSF Teo nos Campamentos de Verán de ArcOsTilos

Un ano máis, o Club San Francisco Teo colabora nas actividades deportivas que se realizan nos Campamentos de Verán da Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos.

Durante os meses de Xullo e Agosto, en horario de maña, as nenas e nenos de tres anos en adiante poderán coñecer da man dos mestres de Karate e Judo, do adestrador de Fútbol Sala e de deportistas de Fútbol Flag, as modalidades deportivas que se práctican durante toda a tempada no Club, unha forma de comezar a coñecer os distintos deportes ou continuar coa súa práctica durante os meses de verán.

As e os participantes poderán elixir unha actividade específica para comezar o día, e continuarán con piscina, sempre que o tempo o permita, para rematar a maña con actividades de ocio e tempo libre, nas que se utilizan os espazos ao aire libre do entorno dos Tilos.

Máis información no seguinte enlace Campamentos de Verán 2015

Peche de tempada do equipo Prebenxamín de Fútbol Sala

 

Comezaban no mes de setembro os seus adestramentos e esta fin de semana, o equipo de prebenxamíns, xuntaronse nunha gran comida en familia para despedir esta tempada.

Agardamos seguir medrando con vós.

“Un fútbol distinto… un fútbol nos Tilos”.