Archivo de la etiqueta: Deporte Feminino

Ouro para Ruth Lorenzo Couso no II Open de Póvoa de Varzim

Ruth Lorenzo Couso proclamouse campioa da segunda edición do Open Internacional de Karate de Póvoa de Varzim, celebrado nesta localidade portuguesa o pasado 1 de outubro. Ruth alzouse coa victoria na categoría senior -55 kg, derrotando na final á karateca portuguesa Inés Rodrigues, membro da selección nacional portuguesa. Sigue leyendo

Bronce para Ruth Lorenzo na Premier League celebrada en Rabat

Ruth Lorenzo Couso, karateca do San Francisco Teo, logrou esta pasada fin de semana a medalla de bronce en kumite -55 kg. no Open de Marrocos. Esta medalla supón o maior logro deportivo na carreira deportiva da karateca teense. A competición celebrada en Rabat, é unha das once probas das que consta a Premier League de Karate, o prestixioso circuíto mundial deste deporte. Sigue leyendo

Rematou a III Copa Intercontinental Feminina sen medallas para Galicia

Rematou a participación das nosas karatecas Ruth Lorenzo Couso e Nerea Bellido Echebarrieta na III Copa Intercontinental que se celebrou esta fin de semana en Madrid. Non houbo fortuna desta vez e as nosas deportistas non se clasificaron para a xornada do domingo na que se disputaban as medallas coincidindo coa celebración do prestixioso Villa de Madrid de Karate. Sigue leyendo

III Copa Intercontinental Feminina de Karate

Nesta importante competición que organiza a RFEK participarán Ruth Lorenzo Couso e Nerea Bellido Echebarrieta como integrantes da Selección Galega de Karate de categoría absoluta. Ruth competirá na modalidade de kumite -55 kg., mentres que Nerea farao en kumite +68 kg. O técnico do CSFTEO, Óscar Lafuente López, tamén estará presente na competición en calidade de Director Técnico da Federación Galega de Karate.

A primeira xornada de competición celebrarase na localidade madrileña de Pinto no Pavillón Municipal Sandra Aguilar. A segunda xornada trasladarase ao Pazo de Vistalegre, onde se levaran a cabo os encontros de medalla desta III Copa Intercontinental Feminina coincidindo coa celebración do pretixioso Trofeo Villa de Madrid.

Ruth Lorenzo vence na Liga de Clubs de Madrid co José Mª de Dios

A nosa karateca Ruth Lorenzo Couso tivo unha boa actuación na última xornada da Liga de Clubs de Madrid. Baixo a disciplina do José María de Dios, Ruth contribiu a que este club madrileño obtivese o primeiro posto na Liga Feminina, vencendo nesta última xornada aos clubs Kenwa e Iván Leal. Sigue leyendo

Información inicio de tempada 2015/16

Iniciamos unha nova tempada deportiva no Club San Francisco Teo, da cal agardamos que sexa semellante ou mellor á finalizada. Seguiremos traballando pola promoción do deporte como opción saudable fronte ao sedentarismo e como vehículo transmisor de hábitos e valores positivos, a través de tódalas disciplinas deportivas.

Neste mes de setembro deron comezo os seus adestramentos as disciplinas de Karate e Judo, e a medida que avance o mes incorporaranse os demais deportes do CSF Teo, sendo no mes de outubro cando se inicien cos horarios habituais para as e os deportistas.

Nos seguintes enlaces podedes atopar a información dos deportes que comezan a súa actividade deportiva no mes de setembro:

Karate 15-16

Judo 2015-16

Futbol Sala 2015-16*   (horarios provisionais no pavillón municipal de Os Tilos, pendentes de confirmación para esta tempada)

Se precisas máis información estamos en horario de tarde de 16:00 a 21:00 horas ou ben a través do correo electrónico: clubsanfrancisco@arcostilos.org

Comezamos a tempada 2015/16!

Proxecto Mundial en Teo, Yakarta 2015.

O Club San Francisco Teo, en colaboración co Excmo. Concello de Teo, a Federación Galega de Karate e a Real Federación Española de Karate, organiza unha nova cita do Proxecto Mundial.

Unha iniciativa de carácter aberto que nace cun doble obxectivo e un propósito común, que non é outro que beneficiar a todos/as aqueles/as que participen dela. Busca contribuir á preparación dos integrantes da Selección Española de Karate Cadete, Junior e Sub-21 de cara ao Campionato do Mundo que celebrarase en Yakarta (Indonesia) o vindeiro mes de Novembro. Pretende ademais proporcionar coñecementos de carácter técnico e experiencias competitivas de alto nivel a todos/as os/as participantes nas actividades que integran este evento deportivo.

Dende o CSF TEO esperamos que esta iniciativa sexa do voso agrado e que poidamos contar coa vosa presenza.

Óscar Lafuente LópezDirector Técnico do CSF TEO

Máis información: clubsanfrancisco@arcostilos.org