Archivo de la etiqueta: Deporte Base

Adestramento-Competición Zona Norte

Participantes:
  • Coa Selección Galega: Iago Teo Martínez, Eva Rodríguez Loredo e Anxo Cepeda Mendoza
  • Co CSFTEO: Simón Cancelo Sánchez, Enrique Míguez Ferrer, Lucía Nande Fuentes e Diego Torres Formoso
Horarios:
  • Adestramento de kumite: 11´30 a 13´30 (só selección galega)
  • Competición: 15´30 horas

Os karatecas do CSFTEO pechan a tempada cunha exhibición

As e os karatecas do CSFTEO pecharon a tempada 2015-2016 cunha exhibición coa que demostraron aos asistentes os progresos obtidos durante este curso. Tras a realización dos exercicios da exhibición procedeuse ao acto de entrega dos novos cintos e doutros recoñecementos aos deportistas máis destacados da entidade. Sigue leyendo

Peche de ouro para o CSFTEO no Trofeo de Karate Cidade de Santiago

O 19 de xuño celebrouse o XVI Trofeo de Karate Cidade de Santiago, competición que puxo o peche á tempada 2015-2016. O CSFTEO participou neste evento cun nutrido grupo de deportistas que deixou ao noso club coma un dos máis destacados da competición, ao lograr 8 medallas de ouro e 3 de prata, todas elas na modalidade de shiai kumite na que o CSFTEO foi o claro dominador. Sigue leyendo

Sábado 11 de xuño Final da Copa Santiago de Fútbol Sala

O pasado sábado 4 de xuño o equipo de Prebenxamín de 1º ano disputou as semifinais da Copa de Santiago no pavillón do Restollal en Santiago de Compostela.

Nun divertido partido o equipo de CSF Teo venceu ao Victoria por 6-2. Esta fin de semana agárdalles a final contra o FutSal, o partido será o sábado ás 16:30 no pavillón de Santa Isabel en Santiago de Compostela.

Unha xornada máis para disfrutar do fútbol sala.

Un fútbol distinto…un fútbol nos Tilos.

Ouro, prata e bronce na IV Copa Akai-ryu de Karate

Boa actuación dos nosos karatecas na IV Copa Akai-ryu de Karate, celebrada o 14 de maio na localidade de Negreira. Paula Garabatos Diéguez proclamouse campioa en kumite junior open, Xavier Santos Veiga logrou a prata en kumite cadete pesados mentres que Silvia Lobato Ríos fíxose coa medalla de bronce en kumite cadete pesados.  Sigue leyendo

IV Copa Akai-Ryu de Karate

Participantes na modalidade de kumite: Eva Rodríguez Loredo (infantil -40 kg.), Lucía Nande Fuentes (infantil +40 kg.), Andrea Morán Moreira (xuvenil +50 kg.), Samuel Basteiro de la Peña (infantil -40 kg.), Marcos Chouza Cruces (infantil -40 kg.), Simón Cancelo Sánchez (infantil -40 kg.), Diego Torres Formoso (infantil -40 kg.), Lucas Diogo Rosende (xuvenil -45 kg.), Anxo Cepeda Mendoza (xuvenil -45 kg.), Enrique Míguez Ferrer (xuvenil -45 kg.), Iago Teo Martínez (xuvenil -55 kg.), Alejandro Caramazana López (xuvenil +55 kg.), Pablo Martínez González (xuvenil +55 kg.), Daniel Madison Sadikov (xuvenil +55 kg.), Silvia Lobato Ríos (cadete peso pesado), Paula Garabatos Diéguez (junior open), Xavier Santos Veiga (cadete peso pesado), Eduardo Salgado Jorge (cadete peso lixeiro), Jesús Rodríguez Loredo (junior peso lixeiro)

4 medallas no Campionato Galego de Clubs de Karate

Os karatecas do San Francisco Teo voltaron de As Pontes cunha prata e tres bronces tras a súa participación no Campionato Galego de Clubs celebrado o pasado domingo. Todos os podiums foron logrados na modalidade de combate por equipos, na que os teenses se situaron de novo nun lugar destacado do medalleiro da competición. Sigue leyendo

Tres medallas para Galicia no Campionato de España Infantil de Karate

A Selección Galega de Karate obtivo un total de tres medallas no pasado Campionato de España Infantil que se celebrou na cidade de Murcia o 23 e 24 de abril de 2016. Na primeira xornada de competición, Samuel Fontenlos Ferreiro do Shihan de Lugo fíxose coa medalla de bronce en kata benxamín masculino mentres que Nicolás Pinaque García, do Karate-do Carballo, entrou na historia do karate galego ao proclamarse campión de España en kata xuvenil masculino. Sigue leyendo