Archivo de la etiqueta: Concello de Teo

Éxito do Proxecto Mundial en Teo

A terceira edición do Proxecto Mundial celebrado en Teo do 4 ao 6 de novembro de 2016 foi un completo éxito. A iniciativa organizada polo Club San Francisco Teo foi acollida con entusiasmo rexistrándose unha elevada participación a escasos días da celebración do Campionato de España cadete, junior e sub-21 en Tenerife. Sigue leyendo

Proxecto Mundial-III Trofeo Internacional de Karate San Francisco Teo

O Proxecto Mundial regresa a terras galegas. Un ano máis a localidade teense dos Tilos acollerá outra edición do Proxecto Mundial. Unha iniciativa organizada polo Club San Francisco Teo en colaboración coa Federación Galega de Karate e a Real Federación Española de Karate. O principal obxectivo é proporcionar formación de carácter técnico e experiencias competitivas de alto nivel aos deportistas e adestradores participantes. En Teo daranse cita os integrantes das seleccións española, portuguesa e galega da modalidad de kumite nas categorías cadete, junior e sub-21.

Servirá de preparación aos integrantes das seleccións española e portuguesa de cara aos compromisos internacionais que deberán afrontar en 2017, o máis inmediato deles o Campionato de Europa de Sofía (Bulgaria) no mes de febreiro. Será tamén un excelente test previo para todos aqueles deportistas que poidan participar no Campionato de España CD/JR/SUB-21 que se celebrará o 26 e 27 de novembro en Tenerife, entre eles os integrantes da selección galega.

Como vén sendo habitual nas citas do Proxecto Mundial, celebrarase un Curso de Shiai Kumite de Alta Competición impartido polo seleccionador nacional César Martínez Blanes, que servirá de preparación para o combinado da RFEK y ao que poderán asistir aqueles deportistas e técnicos que desexen coñecer os métodos de traballo seguidos polo combinado nacional.

Paralelamente celebrarase o III Trofeo Internacional de Karate San Francisco Teo, que enfrentará aos compoñentes das seleccións participantes e aos deportistas dos clubs e federacións interesadas en participar.

Visita do Alcalde e o Concelleiro de Deportes do Concello de Teo

No día de hoxe levouse a cabo nas instalacións do club un acto de recoñecemento @s deportistas do CSFTEO máis destacados na actual tempada deportiva. Estiveron presentes deportistas das disciplinas de Karate, Judo, Xadrez e Fútbol Sala. Ao acto acudiron o alcalde de Teo Rafael Sisto Edreira e o concelleiro de deportes de Teo Jorge Carballido Salgado. Ambos dedicaron unhas palabras de apoio @s deportistas asistentes, eloxiando o seu esforzo e compromiso co deporte, animándoos/as a seguir a traballar nesta liña.

IMG_20160524_211114 IMG_20160524_210946IMG_20160524_210815

Tres medallas para Galicia no Campionato de España Infantil de Karate

A Selección Galega de Karate obtivo un total de tres medallas no pasado Campionato de España Infantil que se celebrou na cidade de Murcia o 23 e 24 de abril de 2016. Na primeira xornada de competición, Samuel Fontenlos Ferreiro do Shihan de Lugo fíxose coa medalla de bronce en kata benxamín masculino mentres que Nicolás Pinaque García, do Karate-do Carballo, entrou na historia do karate galego ao proclamarse campión de España en kata xuvenil masculino. Sigue leyendo

Campionato Galego Infantil e Cadete de Judo. Fase Sur, Redondela 9 de abril de 2016

O 9 de abril en Redondela celebrouse o Campionato Galego Infantil e Cadete de Judo, Fase Sur, no cal Noa García Amado acadou o primeiro posto na categoría cadete

Noa García Amado, Campioa no Campionato Cadete Judo. Fase Sur

Noa García Amado, Campioa no Campionato Cadete Judo. Fase Sur

e Manuel García Amado conseguiu o segundo posto na categoría infantil,

Manuel García Amado, SubCampión no Campionato Infantil Judo. Fase Sur

Manuel García Amado, SubCampión no Campionato Infantil Judo. Fase Sur

clasificándose con este primeiro filtro para acudir ao Campionato de España que se celebrará o vindeiro 8 de maio en Madrid, antes competirán na fase final en Marín do Campionato Galego este sábado 23 de abril.

Catro seleccionados para o Campionato de España Infantil de Karate

O Club San Francisco Teo volverá a estar presente no Campionato de España Infantil. Un total de catro karatecas foron seleccionados pola Federación Galega de Karate para participar na máxima competición nacional das categorías benxamín, alevín, infantil e xuvenil; que se celebrará en Murcia durante o 23 e 24 de abril de 2016. Sigue leyendo

Balance positivo dos equipos de Fútbol Sala neste trimestre

Apiques de chegar as vacacións de Semana Santa facemos un pequeno resumo do disputado ata o de agora:

A tempada está sendo un ano divertido e moi moi positivo, tendo nas categorías de menor idade unha festa continúa, rematando as primeiras fases nunhas posicións moi meritorias: os Prebenxamíns de 1º ano sendo campións de grupo e os Benxamíns sendo semifinalistas de Liga.
Sigue leyendo

Grandes resultados no Campionato de España Junior de Judo, Sector Oeste

O pasado domingo 21 de febreiro de 2016 celebrouse o Campionato de España Junior Sector Oeste en Lugo. Desprazaronse ata alí dous judokas do CSFTeo, convocados pola Federación Galega de Judo, Alexandra Lorenzo Piñeiro en categoría Cadete, e Santiago Magán Sanz en categoría Junior de primeiro ano.

Tras unha xornada heroica logran conquistar no caso de Santi a medalla de ouro e no caso de Alexandra un quinto posto.

Santi Magán con este éxito, clasificase para a fase final do Campionato de España que se celebrará en Madrid, dentro de 15 días, onde loitará para aspirar ao alto do caixón,e acadar ser o campión de España!.

Alexandra Lorenzo Piñeiro, 5º posto e Santiago Magán Sanz, medalla de ouro

Alexandra Lorenzo Piñeiro, 5º posto e Santiago Magán Sanz, medalla de ouro