Archivo de la etiqueta: Competicións de Karate

Catro medallas no Campionato Galego Senior de Karate

Catro metais para o San Francisco Teo no Campionato Galego Absoluto que se celebrou o pasado domingo na localidade de As Pontes. Na modalidade de kumite feminino as teenses foron as absolutas dominadoras ao impoñerse nas dúas categorías en disputa. Ruth Lorenzo Couso obtivo o ouro en -61 kg. e Nerea Bellido Echebarrieta fixo outro tanto en +61 kg. Tamén foi destacable a actuación en kumite masculino, onde Borja Pérez Saavedra obtivo unha prata en -75 kg. e Antonio Cartolano Blanco un bronce en -84 kg.

Adestramento-Competición Zona Norte

Participantes:
  • Coa Selección Galega: Iago Teo Martínez, Eva Rodríguez Loredo e Anxo Cepeda Mendoza
  • Co CSFTEO: Simón Cancelo Sánchez, Enrique Míguez Ferrer, Lucía Nande Fuentes e Diego Torres Formoso
Horarios:
  • Adestramento de kumite: 11´30 a 13´30 (só selección galega)
  • Competición: 15´30 horas

Xavier Santos Veiga seleccionado para participar no Campionato de Europa CD/JR/SUB-21

O San Francisco Teo segue facendo historia no karate galego. A convocatoria de Xavier Santos Veiga para disputar o Campionato de Europa Cadete, Junior e Sub-21, suporá a primeira participación dun karateca galego nunha competición internacional destas características. Un feito sen precedentes nas catro décadas de historia do karate autonómico. Sigue leyendo

Espectacular inicio de 2017 dos nosos karatecas

O 2017 non puido comezar de mellor xeito para as e os karatecas do CSFTEO, que non deixan de colleitar éxitos deportivos. Os resultados obtidos nas competicións celebradas ata o momento foron os seguintes:

III Open Internacional IOSTK (Oviedo, 7 de xaneiro de 2017)

  • Xavier Santos Veiga: ouro en kumite junior -65 kg.
  • Ruth Lorenzo Couso: prata en kumite senior open
  • Anxo Cepeda Mendoza: bronce en kumite xuvenil -50 kg.

Sigue leyendo

Tres medallas no VII Trofeo Navidad de Karate Centro Deportivo Gijón

Excelente peche de ano dos karatecas do CSFTEO, que o pasado sábado se desprazaron ata terras asturianas para participar no VII Trofeo Navidad Centro Deportivo Gijón. Os resultados obtidos foron os seguintes:

  • Xavier Santos Veiga: ouro en kumite junior +65 kg.
  • Isabel San Martín López: ouro en kumite junior -55 kg.
  • Jacobo Veiga Piñeiro: bronce en kumite junior -65 kg.

Prata para Xavier Santos Veiga no Campionato de España CD/JR/SUB-21

Xavier Santos Veiga, karateca do CSFTEO, proclamouse a pasada fin de semana subcampión de España en kumite junior -68 kg. O noso deportista perdeu a final por un axustado marcador de 1-0. O combate foi en todo momento moi igualado e Xavier tivo serias opcións de resultar vencedor, aínda que finalmente tívose que conformar coa prata. Sigue leyendo