Archivo de la etiqueta: Competicións de Judo

Prata e Bronce no Campionato Galego Junior de Judo

Bos resultados no CAMPIONATO GALEGO JUNIOR de JUDO, celebrado no Pavillón Municipal do Restollal en Santiago de Compostela o pasado domingo 5 de febreiro. Unha xornada cun sabor agridoce con motivo da lesión dunha das nosas judokas.

Santiago Magán Sanz acadou a PRATA e Paula Riveiro Becerra conseguiu un BRONCE que sabe a ouro.

Foto: Federación Galega de Judo

Foto: Federación Galega de Judo

Alexandra Lorenzo, tras gañar todos os combates por ippon, clasificada para a semifinal acaba lesionada e ganando o seu combate, tendo que retirarse por unha fractura no dedo. Todo o apoio e ánimo de parte de todo o equipo, mellórate pronto!!!

Non houbo sorte para Noa García Amado, que quedou fóra na primeira ronda, pero para a próxima máis e mellor!

Bos resultados na 1ª xornada da Liga Ferrolterra de Judo.

A 1ª xornada da Liga Ferrolterra de Judo queda coa seguinte clasificación para as e os nos@s judocas:

O equipo Sub-13 atópase no 9º posto dun total de 17 equipo, moi bo posta tras oito combates feitos e cun equipo a medias co Club Camm de Santiago.

Na categoría cadete, Alexandra Lorenzo gañou todos os combates pola máxima puntuación e non cedeu ningún punto, o que a coloca como a número 1 da súa categoría.

Na categoría Junior, Paula Riveiro vai de 3ª na liga e Raquel vai de 2ª tendo combates entre elas dúas.

A próxima xornada celebrarase o 25 de febreiro.

Equipo Sub-18

Equipo Sub-13

XIV ADESTRAMENTO-CAMPIONATO de JUDO SAN FRANCISCO TEO

xiv-cto-adestramento-judo-csfteo

Este sábado 19 de novembro celebrase o XIV Adestramento- Campionato de Judo San Francisco Teo no pavillón municipal de Os Tilos (Teo), agárdanse a participación de 200 judocas da comarca de Santiago de Compostela, de diferentes categorías.

Os horarios de participación son os seguintes:

Ás 10:00h. 1º TURNO (Ed. Infantil ata 2º Primaria).

Ás 11:00h. 2º TURNO (3º ata 6º Primaria).

Ás 12:15h concentración comarcal dende a ESO en adiante.

Finalizando ás 14:15 horas.

 

Liga Interncional de Clubs de Judo, equipo feminino e masculino.

O pasado 15 de outubro celebrouse a “Liga Internacional de Clubs, 14º Trofeo de Judo Cidade de Ourense”, onde o equipo feminino do CSF Teo participa na primeira xornada de Liga, no que falta un dos pesos polo que non se conseguiu a victoria en ningún dos tres encontros pero tanto Alexandra Lorenzo como Noa García, Irene Becerra e Paula Riveiro competiron como auténticas campioas e dérono todo en cada un dos encontros.
img-20161016-wa0000
Por outra banda, Diego Viturro, judoka do CSFTeo e fichado polo Compostela Judo Club, consigue o pase para o play off co seu equipo, tras discutir sete encontros e conseguir as 7 victorias na segunda xornada da Liga Internacional de Judo para o equipo masculino.
O 12 de novembro disputaránse os Play Off contra o campión da Liga regular, o Famu de Vigo.

 

img-20161016-wa0003 img-20161016-wa0007