Archivo de la etiqueta: Campionato Galego

Catro medallas no Campionato Galego Senior de Karate

Catro metais para o San Francisco Teo no Campionato Galego Absoluto que se celebrou o pasado domingo na localidade de As Pontes. Na modalidade de kumite feminino as teenses foron as absolutas dominadoras ao impoñerse nas dúas categorías en disputa. Ruth Lorenzo Couso obtivo o ouro en -61 kg. e Nerea Bellido Echebarrieta fixo outro tanto en +61 kg. Tamén foi destacable a actuación en kumite masculino, onde Borja Pérez Saavedra obtivo unha prata en -75 kg. e Antonio Cartolano Blanco un bronce en -84 kg.

Prata e Bronce no Campionato Galego Junior de Judo

Bos resultados no CAMPIONATO GALEGO JUNIOR de JUDO, celebrado no Pavillón Municipal do Restollal en Santiago de Compostela o pasado domingo 5 de febreiro. Unha xornada cun sabor agridoce con motivo da lesión dunha das nosas judokas.

Santiago Magán Sanz acadou a PRATA e Paula Riveiro Becerra conseguiu un BRONCE que sabe a ouro.

Foto: Federación Galega de Judo

Foto: Federación Galega de Judo

Alexandra Lorenzo, tras gañar todos os combates por ippon, clasificada para a semifinal acaba lesionada e ganando o seu combate, tendo que retirarse por unha fractura no dedo. Todo o apoio e ánimo de parte de todo o equipo, mellórate pronto!!!

Non houbo sorte para Noa García Amado, que quedou fóra na primeira ronda, pero para a próxima máis e mellor!