Archivo de la etiqueta: actividades deportivas

Colaboración do CSFTEO no II Día do Deporte Solidario

O pasado 4 de xuño celebrouse en Santiago de Compostela, no Centro Comercial Área Central, o II Día do Deporte Solidario, unha iniciativa organizada en beneficio da Asociación Aspas. Os a as deportistas de CSFTEO das disciplinas de judo, karate e xadrez levaron a cabo ao longo do día diferentes actividades co propósito de achegar e dar a coñecer os seus respectivos deportes á cidadanía. Sigue leyendo

Información inicio de tempada 2015/16

Iniciamos unha nova tempada deportiva no Club San Francisco Teo, da cal agardamos que sexa semellante ou mellor á finalizada. Seguiremos traballando pola promoción do deporte como opción saudable fronte ao sedentarismo e como vehículo transmisor de hábitos e valores positivos, a través de tódalas disciplinas deportivas.

Neste mes de setembro deron comezo os seus adestramentos as disciplinas de Karate e Judo, e a medida que avance o mes incorporaranse os demais deportes do CSF Teo, sendo no mes de outubro cando se inicien cos horarios habituais para as e os deportistas.

Nos seguintes enlaces podedes atopar a información dos deportes que comezan a súa actividade deportiva no mes de setembro:

Karate 15-16

Judo 2015-16

Futbol Sala 2015-16*   (horarios provisionais no pavillón municipal de Os Tilos, pendentes de confirmación para esta tempada)

Se precisas máis información estamos en horario de tarde de 16:00 a 21:00 horas ou ben a través do correo electrónico: clubsanfrancisco@arcostilos.org

Comezamos a tempada 2015/16!

Os Deportes do CSF Teo nos Campamentos de Verán de ArcOsTilos

Un ano máis, o Club San Francisco Teo colabora nas actividades deportivas que se realizan nos Campamentos de Verán da Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos.

Durante os meses de Xullo e Agosto, en horario de maña, as nenas e nenos de tres anos en adiante poderán coñecer da man dos mestres de Karate e Judo, do adestrador de Fútbol Sala e de deportistas de Fútbol Flag, as modalidades deportivas que se práctican durante toda a tempada no Club, unha forma de comezar a coñecer os distintos deportes ou continuar coa súa práctica durante os meses de verán.

As e os participantes poderán elixir unha actividade específica para comezar o día, e continuarán con piscina, sempre que o tempo o permita, para rematar a maña con actividades de ocio e tempo libre, nas que se utilizan os espazos ao aire libre do entorno dos Tilos.

Máis información no seguinte enlace Campamentos de Verán 2015