PROXECTO MUNDIAL en TEO – IV Trofeo Internacional de Karate San Francisco Teo

O 2 de setembro a localidade teense de Os Tilos acollerá unha nova edición do Proxecto Mundial, contando coa presenza das seleccións de España, Portugal e Galicia das categorías CD/JR/SUB-21. Unha iniciativa organizada polo Club San Francisco Teo en colaboración coa Federación Galega de Karate e a Real Federación Española de Karate co principal obxectivo de proporcionar formación de carácter técnico e experiencias competitivas de alto nivel ós/ás deportistas e adestradores/as participantes.

Como vén sendo habitual nas citas do Proxecto Mundial, celebrarase un Curso de Shiai Kumite de Alta Competición impartido polo seleccionador nacional César Martínez Blanes que servirá de preparación para o combinado da RFEK e ao que poderán asistir aqueles/as deportistas e técnicos/as que formalicen a súa inscrición.

Paralelamente celebrarase o IV Trofeo Internacional de Karate San Francisco Teo, que enfrentará aos componentes das seleccións participantes e ós/ás deportistas dos clubs interesados en participar.

Si te gusta, compártelo 🙂Email this to someoneTweet about this on TwitterShare on Google+Share on Facebook