Prata para Ruth Lorenzo en Valladolid coa Selección Galega de Karate

As nosas karatecas, Ruth Lorenzo Couso e Paula Garabatos Diéguez participaron o 29 de outubro no VIII Trofeo de Karate Junta de Castilla-León, competición á que asistiron como integrantes da Selección Galega de Karate. Ruth obtivo a medalla de prata en kumite senior -61 kg., perdendo na final ante Lourdes Posadas Montoya por un axustado 1-0. Paula tamén loitou polas medallas aínda que perdeu o combate polo bronce, clasificándose nun meritorio cuarto lugar. O resto de compoñentes da selección tamén tiveron unha boa actuación, destacando a medalla de prata obtida por Joaquín Barreira Méndez (kumite cadete -63 kg.) e o bronce de Nicolás Pinaque García (kata xuvenil)

Si te gusta, compártelo 🙂Email this to someone
email
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+
Share on Facebook
Facebook

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *