Ouro e prata no VIII Trofeo Internacional Teresa Herrera de Karate Feminino

Destacada participación das karatecas do San Francisco Teo na oitava edición do Trofeo Internacional Teresa Herrera de Karate Feminino, competición celebrada na Coruña o pasado 28 de xaneiro. As dúas representantes teenses subiron ao podium dunha competición que reuniu na capital herculina ás mellores karatecas das seleccións de Galicia, Portugal, Cantabria, Castela-León e Castela-A Mancha. Ruth Lorenzo Couso logrou o único ouro para a selección galega, foi en kumite senior -61 kg., superando con solvencia ao resto de participantes na categoría. Pola súa parte, Paula Garabatos Diéguez obtivo a prata en kumite junior +53 kg. Boa actuación do resto de compoñentes da selección galega que sumaron unha prata e cinco bronces.

Si te gusta, compártelo 🙂Email this to someoneTweet about this on TwitterShare on Google+Share on Facebook

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *