Que é o Karate?

O Karate foi na súa orixe unha disciplina marcial que constituía un eficaz método de autodefensa. Sen embargo o Karate moderno é moito máis que unha disciplina de loita. Aínda que segue a conservar as súas valiosas tradicións e coñecementos, os practicantes de karate poden atopar na súa práctica Deporte, Saúde e Benestar. Propón un camiño de mellora continua a nivel físico e mental, un camiño que calquera pode percorrer pois o Karate adáptase ás características e motivacións de todos os seus practicantes.

No CSFTeo practicamos os estilo Shorinji-ryu fundado polo mestre Richard Kim.

Si te gusta, compártelo 🙂Email this to someoneTweet about this on TwitterShare on Google+Share on Facebook

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *