Que é o Judo?

Actualmente, o Judo é a única arte marcial que é deporte olímpico permanentemente, pois inclúese en todas as edicións olímpicas. Na súa forma deportiva especialízase en lanzamentos, sumisións e estrangulacións. Aínda que na práctica, non deixou de lado os golpes, os desarmes, varias luxacións articulares, o uso de puntos de presión e métodos de reanimación, o que o fai moi apropiado para o uso polos axentes de seguridade.

A UNESCO declarou o Judo como o mellor deporte inicial formativo para nenos e xóvenes de 4 a 21 anos xa que permite unha educación física integral, potenciando, polo medio do coñecemento desde deporte,  todas as suas posibilidades psicomotrices (ubicación espacial, perspectiva, ambidestrismo, lateralidade, lanzar, tirar, empuxar, arrastrarse, saltar, rodar, caer, coodinación conxunta e independente de ambas mans e pes, etc…) e de relación coas demais personas, facendo uso do xogo e da loita como un elemento integrador-dinamizador e introducindo a iniciación técnico-táctico-deportiva de adaptada; ademais de buscar un acondicionamento físico xeral,idóneo.

Asimismo o COI (Comité Olímpico Internacional) considerao o deporte mais completo e que promove valores como a amizade, a participación, o respeto e o esforzo por mellorar.

Si te gusta, compártelo 🙂Email this to someoneTweet about this on TwitterShare on Google+Share on Facebook

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *