Éxito do Proxecto Mundial en Teo

A terceira edición do Proxecto Mundial celebrado en Teo do 4 ao 6 de novembro de 2016 foi un completo éxito. A iniciativa organizada polo Club San Francisco Teo foi acollida con entusiasmo rexistrándose unha elevada participación a escasos días da celebración do Campionato de España cadete, junior e sub-21 en Tenerife. A selección española concentrada en terras teenses estivo integrada por sete deportistas, capitaneados por César Martínez Blanes, seleccionador nacional de kumite das categorías cadete, junior y sub-21. A eles hai que engadir a nove deportistas galegos, que aínda que nesta ocasión participaban baixo a disciplina da selección galega, forman parte do grupo de deportistas que participan nos eventos do Proxecto Mundial. Entre eles os nosos karatecas Xavier Santos Veiga, Silvia Lobatos Ríos, Jacobo Veiga Piñeiro, Isabel San Martín López e Lucas Febrero Souto.  Blanes aproveitou estes días para seguir a evolución de todos eles e animalos a continuar traballando con intensidade. No horizonte está o Campionato de Europa que se celebrará en Sofía (Bulgaria) en febreiro de 2017.

Os compoñentes da selección española e do CSFTEO, foron recibidos o 4 de novembro  no Concello de Teo polo seu alcalde, Rafael Sisto Edreira e polo concelleiro de deportes Jorge Carballido Salgado. Os mandatarios municipais déronllela benvida, desexando a todos eles unha proveitosa estancia en Teo  e os maiores éxitos deportivos nos compromisos que lles agardan. Tamén tiveron palabras de agradecemento para a RFEK e o Club San Francisco Teo por dar continuidade a unha iniciativa que vai camiño de ser converter nun referente da oferta deportiva do concello. César Martínez Blanes agradeceu en nome da RFEK a boa acollida que sempre reciben en Teo. Destacou a gran labor formativa que está levando a cabo o CSFTEO, o que se reflicte na convocatoria de 5 dos nosos karatecas para esta edición do Proxecto Mundial. Por último, aproveitou a ocasión para felicitar publicamente a Óscar Lafuente López polo seu recente nomeamento como Subdirector Técnico da RFEK, manifestando que o karate español gaña moito coa incorporación do técnico do CSFTEO.

Tras a recepción no concello, deportistas e técnicos desprazáronse a Santiago de Compostela, onde puideron realizar unha visita turística que os levou a percorrer o casco histórico da capital galega. A tarde rematou nas instalacións do CSFTEO, onde se programou unha sesión de análise de vídeo que César Martínez empregou para afianzar conceptos de táctica e estratexia cos deportistas. O visionado de combates do recente Campionato del Mundo Senior celebrado en Linz (Austria) permitiu facer énfase en aspectos que o seleccionador nacional considera fundamentais para competir con garantías a nivel internacional.

No que respecta ao apartado deportivo, o evento deu comenzo o 5 de novembro en xornada de mañá co habitual Curso de Shiai Kumite de Alta Competición que imparte César Martínez Blanes. O curso persegue un dobre obxetivo, por un lado preparar aos integrantes do equipo nacional e por outro dar a coñecer os métodos de traballo seguidos pola RFEK nestas categorías. O curso contou coa participación de case un cento de persoas, desenvolvéndose nun formidable ambiente.

Na xornada de tarde celebrouse o III Trofeo Internacional de Karate San Francisco Teo. Contou coa participación das seleccións española, portuguesa, galega e unha ducia de clubs galegos e portugueses. A competición desenvolveuse baixo o sistema de liga, o que permitiu a todos os participantes disputar un mínimo de tres combates. O nivel deportivo demostrado polos karatecas españois e portugueses foi excelente, o que se viu reflectido na clasificación final. Tamén deixaron mostras da súa fortaleza os integrantes da selección galega, demostrando chegar con opcións de medalla ao próximo Campionato de España.

  14976838_1348360211840723_973814936317825344_o

Os nosos karatecas tiveron unha excelente actuación destacando as medallas de ouro obtidas por Silvia Lobato Ríos (cadete +54 kg.) e Paula Garabatos Diéguez (junior open). Pola súa banda Xavier Santos Veiga fíxose co bronce en junior -68 kg.

Por último, merece ser destacado o excelente traballo realizado polo equipo arbitral da Federación Galega de Karate, dirixido por José Alberto Álvarez Taboada. A competición contou coa posibilidade de utilizar a revisión de vídeo, unha ferramenta tecnolóxica que a día de hoxe só se emprega nas competicións da Federación Galega de Karate. Os árbitros galegos tamén contaron coa colaboración dun árbitro mundial, o asturiano Rodolfo Suárez Alonso, quen puxo a disposición a súa experiencia para o normal desenvolvemento da competición.

A concentración en terras teenses rematou na mañá do 6 de novembro, cunha sesión de adestramento dirixida polo seleccionador portugués Paulo Vilela Azevedo, quen deixou mostras do bo traballo que os técnicos da federación portuguesa están facendo coa elite do karate luso. Este intercambio de experiencias deixou patente una vez máis a importancia que ten a colaboración cos nosos veciños portugueses para favorecer o crecemento do karate de ambos países.

 

Si te gusta, compártelo 🙂Email this to someoneTweet about this on TwitterShare on Google+Share on Facebook

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *