Dúas pratas e un bronce no Torneo de Karate de Póvoa de Varzim

Notable actuación dos karatecas do CSFTeo no Torneo de Karate de Póvoa de Varzim, celebrado o 11 de outubro na localidade portuguesa do mesmo nome. A competición contou coa participación de máis de 500 karatecas e estivo caracterizada polo seu alto nivel técnico, o que obrigou aos teenses a dar o mellor de si mesmos para lograr subir ao podium.

Aspecto do Pavillón Municipal de Póvoa de Varzim

Xavier Santos Veiga obtivo unha prata en kumite cadete -67 kg. No seu camiño ata a final venceu a Bruno Fernándes por 4-0, a David Pires por 1-0 e a Ricardo Silva por 1-0. Na final caeu ante Carlos Reis por 4-2.

Xavier Santos Veiga

Podium kumite cadete masculino -67 kg.

Isabel San Martín López tamén obtivo unha medalla de prata na categoría de kumite junior -53 kg. Venceu no seu primeiro combate a Sara Leal por 10-4 e no segundo a Ana Almeida por 10-0. Na final foi derrotada por Teresa Silva (KC Porto) por 1-0.

Isabel San Martín López

Podium kumite junior feminino -53 kg.

Jacobo Veiga Piñeiro obtivo unha medalla de bronce en kumite cadete -57 kg. Superou a Joao Silva no primeiro combate por 1-0. Perdeu no segundo combate por 2-0 ante Joao Ribeiro, karateca portugués que chegou á final polo que Jacobo entrou en repesca. No primeiro combate de repesca superou a Leandro Ribeiro por 1-0. No combate polo bronce venceu a Bruno Gomes por 2-0.

Jacobo Veiga Piñeiro

Podium kumite cadete masculino -57 kg.

Paula Garabatos Diéguez obtivo un meritorio cuarto posto en kumite cadete -54 kg. Superou as dúas primeiras rondas da competición vencendo a Jessica Cardosa (3-2) e a Daniela Ferreira (3-1). No pase á final foi derrotada por Catarina Ferreira por 3-1. No combate polo bronce perdeu por 3-2 con Inés Ferreira.

Paula Garabatos Diéguez

Lucas Febrero Souto non superou a primeira ronda da competición, tras caer derrotado por 1-0 ante Gonçalo Freitas en kumite cadete +67 kg.

Lucas Febrero Souto

Desde o CSFTeo queremos agradecer ao club organizador, Centro de Karate Aguçadourense (CKA), e ao seu responsable técnico Vitor Poças o trato dispensado durante a nosa estancia en Póvoa de Varzim, felicitándoos tamén pola excelente organización deste evento deportivo.

Cos integrantes do Centro de Karate Aguçadourense

Si te gusta, compártelo 🙂Email this to someoneTweet about this on TwitterShare on Google+Share on Facebook

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *