Obxetivos

Obxectivos deportivos:

  1. Mellorar a condición física de base, baseándonos no deporte como hábito saudable importante nunha vida sa.
  2. Potenciar o desenvolvemento mental que complementa a parte física de toda modalidade deportiva, contribuíndo a mellorar a capacidade de atención e concentración necesaria no deporte e en todos os ámbitos da vida diaria.
  3. Adquirir dominio e control sobre o esquema corporal cunha metodoloxía de ensinanza coherente e sistematizada que permita a ampliación da bagaxe motriz en relación coa modalidade deportiva practicada.
  4. Proporcionar un nivel deportivo suficiente a aqueles deportistas que desexen chegar á especialización deportiva.

Obxectivos socio-afectivos:

  1. Proporcionar puntos de encontro que faciliten as relacións sociais.
  2. Crear espazos vinculados coa actividade física que permitan unha toma de conciencia individual e colectiva de respecto ás liberdades e dereitos, dentro dun contexto de convivencia democrática e cívica.
Si te gusta, compártelo 🙂Email this to someoneTweet about this on TwitterShare on Google+Share on Facebook

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *