Conferencias para deportistas, familias e persoas interesadas.

Este sábado 28 de maio na sede do Club temos dúas conferencias que poden ser do voso interese, especialmente destinada ás e aos deportistas.

  • “A importancia da Visión na escolarización” ás 11:00 horas.

Sabes detectar se un Problema Visual está afectando ao rendemento escolar do teu fillo/a?

Conferencia para todos os pais, nais e mestres/as interesad@s en coñecer máis sobre a visión, os problemas visuais, a súa implicación no rendemento académico, posibles tratamentos e normas de hixiene visual.

Se o teu fillo ou filla ten problemas de lectura e/ou baixo rendemento escolar, e dixéronche que ten un 100% de Vista, teu fillo ou filla pode ter un problema de Visión que aféctalle ao seu aprendizaxe.

Non agardes a que sexa demasiado tarde para resolvelo!!

  • “Nutrición básica e nutrición aplicada ao rendemento deportivo” ás 12:00, en concreto para deportes de alta intensidade (Judo).

 A primeira delas OPTOMETRÍA é de carácter aberto, polo que poden participar todas aquelas persoas interesadas no mesmo, no caso da segunda NUTRICIÓN está destinada especialmente ás e aos judokas.

Si te gusta, compártelo 🙂Email this to someoneTweet about this on TwitterShare on Google+Share on Facebook

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *