Archivo del Autor: Óscar Lafuente López

Acerca de Óscar Lafuente López

Óscar Lafuente López (Karate) Adestrador Nacional da RFEK. Especialista en autodefensa da RFEK. Monitor de Tai-Jitsu. Monitor de Jiu-Jitsu 4º Dan de Karate. 3º Dan de autodefensa RFEK. 2º Dan de Tai-jitsu. 1º Dan de Defensa Persoal Feminina FML. 1º Dan de Defensa Persoal Policial FML. Árbitro Nacional B de Kata e Kumite. Xuíz Nacional de Graos RFEK. Director Técnico da Federación Galega de Kárate. Seleccionador galego de kumite.

10 medallas para o CSFTEO no Campionato Galego de Karate CD/JR/SUB-21

Destacada actuación d@s karatecas do San Francisco Teo no campionato galego das categorías cadete, junior e sub-21; celebrado en Ferrol o pasado 23 de outubro. O excelente estado de forma co que chegaron á máxima competición autonómica fixo que obtiveran un total de 10 medallas, catro delas de ouro, situando ao San Francisco nos lugares máis altos do medalleiro. Sigue leyendo

Tres medallas no internacional de Palma del Río

Fantástica actuación dos nosos karatecas esta pasada fin de semana na localidade de Palma del Río. Ata terras cordobesas se desprazaron para participar na concentración da Selección Española CD/JR/SUB-21 e no VII Trofeo Internacional Ciudad de Palma del Río que clausuraba este evento organizado pola RFEK. Sigue leyendo

Ouro para Ruth Lorenzo Couso no II Open de Póvoa de Varzim

Ruth Lorenzo Couso proclamouse campioa da segunda edición do Open Internacional de Karate de Póvoa de Varzim, celebrado nesta localidade portuguesa o pasado 1 de outubro. Ruth alzouse coa victoria na categoría senior -55 kg, derrotando na final á karateca portuguesa Inés Rodrigues, membro da selección nacional portuguesa. Sigue leyendo

Pleno de aprobados no exame de cinto negro de Judo

Santiago Magán e Alexandra Lorenzo, judokas do CSFTEO, obtiveron o grao de 1º dan de Judo tras superar os exames celebrados na localidade de Vilalba o 4 de setembro de 2016. Os nosos deportistas estiveron acompañados por Javier Rial, mestre do CSFTEO, quen foi testemuña do excelente exame realizado polos judokas que adestra.

Doblete de ouro para Nerea Bellido no Campionato Nacional de Karate-do Shotokan

Nerea Bellido Echebarrieta, karateca do CSFTEO, obtivo o primeiro lugar nas modalidades de kata e kumite por equipos no Campionato Nacional de Karate-do Shotokan, celebrado en Chiclana de la Frontera (Cádiz), o pasado 16 de xullo. Nerea participou nesta competición formando parte do equipo canario Gankaku.

Curso de kumite con Matías Gómez e Javier Ferreira

O 2 de xullo o Pavillón Municipal dos Tilos acolleu a celebración dun curso de kumite impartido por Matías Gómez García (actual campión de Europa de kumite senior -60 kg.) e Javier Ferreira Vega (técnico da RFEK no Centro de Alto Rendemento Deportivo de Madrid). Neste evento, organizado polo CSFTEO, participaron case 60 karatecas que non desaproveitaron a oportunidade de aprender de dous referentes do karate español. Sigue leyendo

Os karatecas do CSFTEO pechan a tempada cunha exhibición

As e os karatecas do CSFTEO pecharon a tempada 2015-2016 cunha exhibición coa que demostraron aos asistentes os progresos obtidos durante este curso. Tras a realización dos exercicios da exhibición procedeuse ao acto de entrega dos novos cintos e doutros recoñecementos aos deportistas máis destacados da entidade. Sigue leyendo