Archivo del Autor: Óscar Lafuente López

Acerca de Óscar Lafuente López

Óscar Lafuente López (Karate)

Adestrador Nacional da RFEK.
Especialista en autodefensa da RFEK.
Monitor de Tai-Jitsu.
Monitor de Jiu-Jitsu
4º Dan de Karate.
3º Dan de autodefensa RFEK.
2º Dan de Tai-jitsu.
1º Dan de Defensa Persoal Feminina FML.
1º Dan de Defensa Persoal Policial FML.
Árbitro Nacional B de Kata e Kumite.
Xuíz Nacional de Graos RFEK.
Director Técnico da Federación Galega de Kárate.
Seleccionador galego de kumite.

Catro medallas no Campionato Galego Senior de Karate

Catro metais para o San Francisco Teo no Campionato Galego Absoluto que se celebrou o pasado domingo na localidade de As Pontes. Na modalidade de kumite feminino as teenses foron as absolutas dominadoras ao impoñerse nas dúas categorías en disputa. Ruth Lorenzo Couso obtivo o ouro en -61 kg. e Nerea Bellido Echebarrieta fixo outro tanto en +61 kg. Tamén foi destacable a actuación en kumite masculino, onde Borja Pérez Saavedra obtivo unha prata en -75 kg. e Antonio Cartolano Blanco un bronce en -84 kg.

Xavier Santos Veiga seleccionado para participar no Campionato de Europa CD/JR/SUB-21

O San Francisco Teo segue facendo historia no karate galego. A convocatoria de Xavier Santos Veiga para disputar o Campionato de Europa Cadete, Junior e Sub-21, suporá a primeira participación dun karateca galego nunha competición internacional destas características. Un feito sen precedentes nas catro décadas de historia do karate autonómico. Sigue leyendo

Espectacular inicio de 2017 dos nosos karatecas

O 2017 non puido comezar de mellor xeito para as e os karatecas do CSFTEO, que non deixan de colleitar éxitos deportivos. Os resultados obtidos nas competicións celebradas ata o momento foron os seguintes:

III Open Internacional IOSTK (Oviedo, 7 de xaneiro de 2017)

  • Xavier Santos Veiga: ouro en kumite junior -65 kg.
  • Ruth Lorenzo Couso: prata en kumite senior open
  • Anxo Cepeda Mendoza: bronce en kumite xuvenil -50 kg.

Sigue leyendo

Tres medallas no VII Trofeo Navidad de Karate Centro Deportivo Gijón

Excelente peche de ano dos karatecas do CSFTEO, que o pasado sábado se desprazaron ata terras asturianas para participar no VII Trofeo Navidad Centro Deportivo Gijón. Os resultados obtidos foron os seguintes:

  • Xavier Santos Veiga: ouro en kumite junior +65 kg.
  • Isabel San Martín López: ouro en kumite junior -55 kg.
  • Jacobo Veiga Piñeiro: bronce en kumite junior -65 kg.

Prata para Xavier Santos Veiga no Campionato de España CD/JR/SUB-21

Xavier Santos Veiga, karateca do CSFTEO, proclamouse a pasada fin de semana subcampión de España en kumite junior -68 kg. O noso deportista perdeu a final por un axustado marcador de 1-0. O combate foi en todo momento moi igualado e Xavier tivo serias opcións de resultar vencedor, aínda que finalmente tívose que conformar coa prata. Sigue leyendo

6 medallas no XVI Open de Karate Cidade de Ferrol

Fantásticos resultados do CSFTEO no XVI Open de Karate Cidade de Ferrol celebrado o 12 de novembro no Pavillón Municipal de Esteiro da cidade ferrolá. Silvia Lobato Ríos (cadete), Xavier Santos Veiga (junior) e Paula Garabatos Diéguez (junior) lograron o primeiro posto nas súas respectivas categorías. Sigue leyendo

Éxito do Proxecto Mundial en Teo

A terceira edición do Proxecto Mundial celebrado en Teo do 4 ao 6 de novembro de 2016 foi un completo éxito. A iniciativa organizada polo Club San Francisco Teo foi acollida con entusiasmo rexistrándose unha elevada participación a escasos días da celebración do Campionato de España cadete, junior e sub-21 en Tenerife. Sigue leyendo

Prata para Ruth Lorenzo en Valladolid coa Selección Galega de Karate

As nosas karatecas, Ruth Lorenzo Couso e Paula Garabatos Diéguez participaron o 29 de outubro no VIII Trofeo de Karate Junta de Castilla-León, competición á que asistiron como integrantes da Selección Galega de Karate. Ruth obtivo a medalla de prata en kumite senior -61 kg., perdendo na final ante Lourdes Posadas Montoya por un axustado 1-0. Paula tamén loitou polas medallas aínda que perdeu o combate polo bronce, clasificándose nun meritorio cuarto lugar. O resto de compoñentes da selección tamén tiveron unha boa actuación, destacando a medalla de prata obtida por Joaquín Barreira Méndez (kumite cadete -63 kg.) e o bronce de Nicolás Pinaque García (kata xuvenil)