Archivo del Autor: admin

PROXECTO MUNDIAL en TEO – IV Trofeo Internacional de Karate San Francisco Teo

O 2 de setembro a localidade teense de Os Tilos acollerá unha nova edición do Proxecto Mundial, contando coa presenza das seleccións de España, Portugal e Galicia das categorías CD/JR/SUB-21. Unha iniciativa organizada polo Club San Francisco Teo en colaboración coa Federación Galega de Karate e a Real Federación Española de Karate co principal obxectivo de proporcionar formación de carácter técnico e experiencias competitivas de alto nivel ós/ás deportistas e adestradores/as participantes.

Como vén sendo habitual nas citas do Proxecto Mundial, celebrarase un Curso de Shiai Kumite de Alta Competición impartido polo seleccionador nacional César Martínez Blanes que servirá de preparación para o combinado da RFEK e ao que poderán asistir aqueles/as deportistas e técnicos/as que formalicen a súa inscrición.

Paralelamente celebrarase o IV Trofeo Internacional de Karate San Francisco Teo, que enfrentará aos componentes das seleccións participantes e ós/ás deportistas dos clubs interesados en participar.

Ruth Lorenzo cuarta na II Copa Intercontinental Feminina

Ruth Lorenzo Couso obtivo un meritorio cuarto posto na segunda edición da Copa Intercontinental Feminina, celebrada en Madrid o 11 e 12 de abril e que reuniu a gran parte das mellores karatecas nacionais e internacionais de categoría absoluta. A competición contou coa participación de karatecas españolas e doutras procedentes de Exipto, Turquía, Túnez, Marrocos, Serbia, México, Andorra, Suiza e Francia. Sigue leyendo

Cadro docente

O Club San Francisco Teo conta cuns técnicos que suman á súa excelente preparación docente unha serie de calidades persoais en sintonía co ideario do noso Club. O seu labor vai más alá da parte deportiva, mantendo un achegamento e compromiso constante cos seus deportistas.

Javier Rial Seoane (Judo)Javier rial seoane Judo

  • Mestre adestrador Nacional de Judo.
  • Mestre adestrador Nacional de defensa persoal.
  • Diplomado pola RFEJ en Judo infantil.
  • Cinto negro 4º Dan de Judo.
  • Xuíz árbitro de Judo.
  • Oficial de organización deportiva de judo.
  • Seleccionador galego infantil e cadete.
  • Galardoado na 50ª Gala da FGJ pola súa traxectoria, méritos e traballo desenvolvido en beneficio do Judo.

Óscar Lafuente López (Karate)OSCAR

  • Adestrador Nacional da RFEK.
  • Especialista en autodefensa da RFEK.
  • Monitor de Tai-Jitsu.
  • Monitor de Jiu-Jitsu
  • 4º Dan de Karate.
  • 3º Dan de autodefensa RFEK.
  • 2º Dan de Tai-jitsu.
  • Árbitro Nacional B de Kata e Kumite.
  • Xuíz Nacional de Graos.
  • Director  Técnico da Federación Galega de Kárate.
  • Seleccionador galego de kumite.

Manuel Buján Seoane (Fútbol Sala)

ManuelBujan

  • Adestrador Club San Francisco Teo: Xuvenís e Cadetes(1997- Actualidade)
  • Adestrador Cuntis F.S.F.(2004-2010).
  • Adestrador S.D.Cacheiras: Xuvenís (2003-2005)
  • 2º Adestrador S.D.Compostela 3ª División (2003-2004)
  • 2º Adestrador Bergantiños 3ª División (2004-2005)
  • Coordinador S.D.Cacheiras (2005-2012)
  • Adestrador S.D.Compostela Feminino 2ª División Nacional (2011- actualidade)

James Warren Delphenich (Fútbol Americano)89653e_d360e240d954352beff321e3c9386c5e

  • Director Deportivo e adestrador principal CSF Teo Football
  • Experiencia como xogador de fútbol americano: CSF Teo Black Thunder, Galiza Black Towers.
  • Experiencia como adestrador de fútbol americano: Adestrador Asistente CSF Teo Black
  • Thunders, adestrador Asistente Galiza Black Towers, adestrador principal Galiza Black Towers.

Antonio Bello Ribadas (Xadrez)img021

  • Equipos: Concello B, Xadrez Instituto Eduardo Pondal e Gallaecia.
  • Ascenso de 3º a 2º e de 2º a 1º coGallecia.
  • ELO: 1462 FIDE(conseguido no torneo IV Memorial Miro do 21 xullo ó 25 de xullo do 2012).
  • Cambio do Torneo dos Tilos no Sistema Suizo actual e aberto para todos, Torneo referente da zona de Santiago.
  • Profesor do Club San Francisco, con creación de hai 1 ano do « Club San Francisco de Xadrez » na liga de 4 Galicia-Central.
  • 2º puesto na Liga de base 4º División.
  • 2º Puesto no XogadeCategoria Sub 12.