6 medallas no XVI Open de Karate Cidade de Ferrol

Fantásticos resultados do CSFTEO no XVI Open de Karate Cidade de Ferrol celebrado o 12 de novembro no Pavillón Municipal de Esteiro da cidade ferrolá. Silvia Lobato Ríos (cadete), Xavier Santos Veiga (junior) e Paula Garabatos Diéguez (junior) lograron o primeiro posto nas súas respectivas categorías. Daniel Madison Sadykov (cadete) e Jacobo Veiga Piñeiro (junior) lograron clasificarse en segundo lugar, mentres que Lucas Febrero Souto (junior) fíxoo en terceiro lugar. Boa actuación tamén de Carlos Gómez Pita (junior) pese a non subir ao podium.

Si te gusta, compártelo 🙂Email this to someoneTweet about this on TwitterShare on Google+Share on Facebook

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *