Archivo por meses: agosto 2017

PROXECTO MUNDIAL en TEO – IV Trofeo Internacional de Karate San Francisco Teo

O 2 de setembro a localidade teense de Os Tilos acollerá unha nova edición do Proxecto Mundial, contando coa presenza das seleccións de España, Portugal e Galicia das categorías CD/JR/SUB-21. Unha iniciativa organizada polo Club San Francisco Teo en colaboración coa Federación Galega de Karate e a Real Federación Española de Karate co principal obxectivo de proporcionar formación de carácter técnico e experiencias competitivas de alto nivel ós/ás deportistas e adestradores/as participantes.

Como vén sendo habitual nas citas do Proxecto Mundial, celebrarase un Curso de Shiai Kumite de Alta Competición impartido polo seleccionador nacional César Martínez Blanes que servirá de preparación para o combinado da RFEK e ao que poderán asistir aqueles/as deportistas e técnicos/as que formalicen a súa inscrición.

Paralelamente celebrarase o IV Trofeo Internacional de Karate San Francisco Teo, que enfrentará aos componentes das seleccións participantes e ós/ás deportistas dos clubs interesados en participar.

Inicio de Tempada 2017/18

Comeza a tempada 2017/18, o vindeiro mes de setembro, na que retomamos as actividades do CSFTeo, nos seguintes horarios:
KARATE:
retómanse os adestramentos o luns 4 de setembro nos horarios habituais:
  • Luns e mércores:
    18:30-19:30 horas (8 a 12 anos).
    19:30- 20:30 horas (13 a 17 anos)
    20:30- 22:00 horas (+ 18 anos)
  • Martes e xoves:
    16:00-17:00 horas (4 a 6 anos).
    17:00- 18:00 horas (7 a 11 anos).
    20:30- 22:00 horas (Competición).
  • Venres:
    17:30-18:30 horas (Competición).
    18:30-20:30 horas (Competición).
    20:30- 22:00 horas (+ 18 anos).
JUDO:
comezase a actividade o martes 5 de setembro cos seguintes horarios:

  • Martes e xoves:
    19:30-20:30 horas (para o grupo de 3 anos ata 6º de primaria). No mes de setembro unifícanse os grupos do luns e mércores das 16:00- 17:00 horas, que van tamén os martes e xoves en horario das 19:30-20:30 horas.
    20:30- 22:00 horas ( para o grupo de judo adultos).
A partir do luns 2 de outubro retomaránse os horarios habituais:
  • Luns e mércores: 16:00-17:00 horas (3 anos ata 6º de primaria).
  • Martes e xoves:  19:30-20:30 horas (3 anos ata 6º de primaria).
  • Martes e xoves: 20:30- 22:00 horas (judo adultos).
FÚTBOL SALA:
regresa a actividade o luns 11 de setembro, cos seguintes horarios*:
  • Infantil, 1º/2º Primaria: luns e venres de 17:00-18:00 horas e o xoves 19:00-20:00 horas.
  • 3º/4º Primaria: luns de 18:00-19:00 horas e mércores 19:00-20:00 horas.
  • 5º/6º Primaria/ESO: luns de 19:00-20:00 horas e xoves de 20:00-21:00 horas.
  • ESO: mércores de 20:00- 21:00 horas.
  • Xuvenís: venres de 16:00- 17:00 horas.
* Horarios pendentes de confirmación polo Concello de Teo, pola cesión do Pavillón Municipal de Os Tilos. 
 
 
XADREZ: 
comeza o venres 6 de  outubro, cos horarios habituais:
  • Venres de 16:30-18:00 horas.

 

Previsión de horarios CSFTeo 2017/18