Archivo por meses: octubre 2016

10 medallas para o CSFTEO no Campionato Galego de Karate CD/JR/SUB-21

Destacada actuación d@s karatecas do San Francisco Teo no campionato galego das categorías cadete, junior e sub-21; celebrado en Ferrol o pasado 23 de outubro. O excelente estado de forma co que chegaron á máxima competición autonómica fixo que obtiveran un total de 10 medallas, catro delas de ouro, situando ao San Francisco nos lugares máis altos do medalleiro. Sigue leyendo

Liga Interncional de Clubs de Judo, equipo feminino e masculino.

O pasado 15 de outubro celebrouse a “Liga Internacional de Clubs, 14º Trofeo de Judo Cidade de Ourense”, onde o equipo feminino do CSF Teo participa na primeira xornada de Liga, no que falta un dos pesos polo que non se conseguiu a victoria en ningún dos tres encontros pero tanto Alexandra Lorenzo como Noa García, Irene Becerra e Paula Riveiro competiron como auténticas campioas e dérono todo en cada un dos encontros.
img-20161016-wa0000
Por outra banda, Diego Viturro, judoka do CSFTeo e fichado polo Compostela Judo Club, consigue o pase para o play off co seu equipo, tras discutir sete encontros e conseguir as 7 victorias na segunda xornada da Liga Internacional de Judo para o equipo masculino.
O 12 de novembro disputaránse os Play Off contra o campión da Liga regular, o Famu de Vigo.

 

img-20161016-wa0003 img-20161016-wa0007

Tres medallas no internacional de Palma del Río

Fantástica actuación dos nosos karatecas esta pasada fin de semana na localidade de Palma del Río. Ata terras cordobesas se desprazaron para participar na concentración da Selección Española CD/JR/SUB-21 e no VII Trofeo Internacional Ciudad de Palma del Río que clausuraba este evento organizado pola RFEK. Sigue leyendo

Ouro para Ruth Lorenzo Couso no II Open de Póvoa de Varzim

Ruth Lorenzo Couso proclamouse campioa da segunda edición do Open Internacional de Karate de Póvoa de Varzim, celebrado nesta localidade portuguesa o pasado 1 de outubro. Ruth alzouse coa victoria na categoría senior -55 kg, derrotando na final á karateca portuguesa Inés Rodrigues, membro da selección nacional portuguesa. Sigue leyendo