Archivo por meses: septiembre 2016

Pleno de aprobados no exame de cinto negro de Judo

Santiago Magán e Alexandra Lorenzo, judokas do CSFTEO, obtiveron o grao de 1º dan de Judo tras superar os exames celebrados na localidade de Vilalba o 4 de setembro de 2016. Os nosos deportistas estiveron acompañados por Javier Rial, mestre do CSFTEO, quen foi testemuña do excelente exame realizado polos judokas que adestra.