Archivo por meses: julio 2016

Doblete de ouro para Nerea Bellido no Campionato Nacional de Karate-do Shotokan

Nerea Bellido Echebarrieta, karateca do CSFTEO, obtivo o primeiro lugar nas modalidades de kata e kumite por equipos no Campionato Nacional de Karate-do Shotokan, celebrado en Chiclana de la Frontera (Cádiz), o pasado 16 de xullo. Nerea participou nesta competición formando parte do equipo canario Gankaku.

Curso de kumite con Matías Gómez e Javier Ferreira

O 2 de xullo o Pavillón Municipal dos Tilos acolleu a celebración dun curso de kumite impartido por Matías Gómez García (actual campión de Europa de kumite senior -60 kg.) e Javier Ferreira Vega (técnico da RFEK no Centro de Alto Rendemento Deportivo de Madrid). Neste evento, organizado polo CSFTEO, participaron case 60 karatecas que non desaproveitaron a oportunidade de aprender de dous referentes do karate español. Sigue leyendo

Os karatecas do CSFTEO pechan a tempada cunha exhibición

As e os karatecas do CSFTEO pecharon a tempada 2015-2016 cunha exhibición coa que demostraron aos asistentes os progresos obtidos durante este curso. Tras a realización dos exercicios da exhibición procedeuse ao acto de entrega dos novos cintos e doutros recoñecementos aos deportistas máis destacados da entidade. Sigue leyendo