Archivo por meses: junio 2016

Peche de ouro para o CSFTEO no Trofeo de Karate Cidade de Santiago

O 19 de xuño celebrouse o XVI Trofeo de Karate Cidade de Santiago, competición que puxo o peche á tempada 2015-2016. O CSFTEO participou neste evento cun nutrido grupo de deportistas que deixou ao noso club coma un dos máis destacados da competición, ao lograr 8 medallas de ouro e 3 de prata, todas elas na modalidade de shiai kumite na que o CSFTEO foi o claro dominador. Sigue leyendo

Destacada actuación dos karatecas do CSFTEO no Internacional Galicia-Portugal

O pasado 18 de xuño, a cidade de Ferrol acolleu a segunda edición do Encontro Internacional Galicia-Portugal; competición na que participou a Selección Galega, a Selección Nacional de Portugal e clubs de Galicia, Asturias e Castela-León. Os e as karatecas do CSFTEO tiveron unha vez máis unha destacada actuación, logrando subirse case todos eles ao podium da competición e obtendo un balance final de 1 ouro, 4 pratas e 2 bronces. Sigue leyendo

Sábado 11 de xuño Final da Copa Santiago de Fútbol Sala

O pasado sábado 4 de xuño o equipo de Prebenxamín de 1º ano disputou as semifinais da Copa de Santiago no pavillón do Restollal en Santiago de Compostela.

Nun divertido partido o equipo de CSF Teo venceu ao Victoria por 6-2. Esta fin de semana agárdalles a final contra o FutSal, o partido será o sábado ás 16:30 no pavillón de Santa Isabel en Santiago de Compostela.

Unha xornada máis para disfrutar do fútbol sala.

Un fútbol distinto…un fútbol nos Tilos.

Curso de Autodefensa co mestre de karate José Luis Prieto Méndez

O pasado 4 de xuño, os e as karatecas do CSFTEO tiveron a oportunidade de aprender dun dos máis prestixiosos mestres do karate español, José Luis Prieto Méndez, 8º Dan de karate e Director do Departamento de Autodefensa da RFEK.

Varios integrantes do club participaron nun curso de autodefensa impartido polo mestre Prieto en Santiago de Compostela, quen unha vez máis deixou boa mostra dos seus amplos coñecementos sobre o tema.

Colaboración do CSFTEO no II Día do Deporte Solidario

O pasado 4 de xuño celebrouse en Santiago de Compostela, no Centro Comercial Área Central, o II Día do Deporte Solidario, unha iniciativa organizada en beneficio da Asociación Aspas. Os a as deportistas de CSFTEO das disciplinas de judo, karate e xadrez levaron a cabo ao longo do día diferentes actividades co propósito de achegar e dar a coñecer os seus respectivos deportes á cidadanía. Sigue leyendo