Archivo por meses: mayo 2016

Conferencias para deportistas, familias e persoas interesadas.

Este sábado 28 de maio na sede do Club temos dúas conferencias que poden ser do voso interese, especialmente destinada ás e aos deportistas.

  • “A importancia da Visión na escolarización” ás 11:00 horas.

Sabes detectar se un Problema Visual está afectando ao rendemento escolar do teu fillo/a?

Conferencia para todos os pais, nais e mestres/as interesad@s en coñecer máis sobre a visión, os problemas visuais, a súa implicación no rendemento académico, posibles tratamentos e normas de hixiene visual.

Se o teu fillo ou filla ten problemas de lectura e/ou baixo rendemento escolar, e dixéronche que ten un 100% de Vista, teu fillo ou filla pode ter un problema de Visión que aféctalle ao seu aprendizaxe.

Non agardes a que sexa demasiado tarde para resolvelo!!

  • “Nutrición básica e nutrición aplicada ao rendemento deportivo” ás 12:00, en concreto para deportes de alta intensidade (Judo).

 A primeira delas OPTOMETRÍA é de carácter aberto, polo que poden participar todas aquelas persoas interesadas no mesmo, no caso da segunda NUTRICIÓN está destinada especialmente ás e aos judokas.

Visita do Alcalde e o Concelleiro de Deportes do Concello de Teo

No día de hoxe levouse a cabo nas instalacións do club un acto de recoñecemento @s deportistas do CSFTEO máis destacados na actual tempada deportiva. Estiveron presentes deportistas das disciplinas de Karate, Judo, Xadrez e Fútbol Sala. Ao acto acudiron o alcalde de Teo Rafael Sisto Edreira e o concelleiro de deportes de Teo Jorge Carballido Salgado. Ambos dedicaron unhas palabras de apoio @s deportistas asistentes, eloxiando o seu esforzo e compromiso co deporte, animándoos/as a seguir a traballar nesta liña.

IMG_20160524_211114 IMG_20160524_210946IMG_20160524_210815

Tres medallas dos nosos karatecas en Monçao

O 21 de maio celebrouse na localidade portuguesa de Monçao a terceira edición do Torneo Internacional de Karate de Monçao. Os resultados obtidos polos nosos deportistas foron os seguintes:

  • OURO: Xavier Santos Veiga en kumite junior -65 kg.
  • BRONCE: Paula Garabatos Diéguez en kumite junior open
  • BRONCE: Jacobo Veiga Piñeiro en kumite cadete -60 kg.

Uns excelentes resultados nunha difícil competición que contaba con deportistas procedentes de Portugal, Francia, Inglaterra e España.

Bronce para Ruth Lorenzo na Premier League celebrada en Rabat

Ruth Lorenzo Couso, karateca do San Francisco Teo, logrou esta pasada fin de semana a medalla de bronce en kumite -55 kg. no Open de Marrocos. Esta medalla supón o maior logro deportivo na carreira deportiva da karateca teense. A competición celebrada en Rabat, é unha das once probas das que consta a Premier League de Karate, o prestixioso circuíto mundial deste deporte. Sigue leyendo

Rematou a III Copa Intercontinental Feminina sen medallas para Galicia

Rematou a participación das nosas karatecas Ruth Lorenzo Couso e Nerea Bellido Echebarrieta na III Copa Intercontinental que se celebrou esta fin de semana en Madrid. Non houbo fortuna desta vez e as nosas deportistas non se clasificaron para a xornada do domingo na que se disputaban as medallas coincidindo coa celebración do prestixioso Villa de Madrid de Karate. Sigue leyendo

Ouro, prata e bronce na IV Copa Akai-ryu de Karate

Boa actuación dos nosos karatecas na IV Copa Akai-ryu de Karate, celebrada o 14 de maio na localidade de Negreira. Paula Garabatos Diéguez proclamouse campioa en kumite junior open, Xavier Santos Veiga logrou a prata en kumite cadete pesados mentres que Silvia Lobato Ríos fíxose coa medalla de bronce en kumite cadete pesados.  Sigue leyendo

4 medallas no Campionato Galego de Clubs de Karate

Os karatecas do San Francisco Teo voltaron de As Pontes cunha prata e tres bronces tras a súa participación no Campionato Galego de Clubs celebrado o pasado domingo. Todos os podiums foron logrados na modalidade de combate por equipos, na que os teenses se situaron de novo nun lugar destacado do medalleiro da competición. Sigue leyendo

4 podiums no XV Campionato Internacional de Karate Valle de Piélagos

As e os karatecas do CSFTEO firmaron unha excelente actuación no XV Campionato Internacional de Karate Valle de Piélagos, celebrado na localidade cántabra de Liencres o pasado 1 de maio de 2016. O balance final foi dun ouro, unha prata e dous bronces; logrados todos eles na modalidade de kumite. A competición estivo caracterizada un ano máis polo alto nivel deportivo dos seus participantes o que fai aínda máis meritorio o logro destes excelentes resultados. Sigue leyendo