Archivo por meses: febrero 2016

10 medallas no Campionato Galego de Karate Infantil

Fantástica actuación dos máis pequenos do CSFTEO no Campionato Galego de Karate Infantil, celebrado na localidade de As Pontes o pasado 27 de febreiro de 2016. Pese ás inclemencias meteorolóxicas, a competición contou cunha altísima participación, con algo máis de 300 karatecas con idades comprendidas entre os 5 e os 13 anos, que se deron cita no Pavillón Municipal de As Pontes para participar nas modalidades de kata e kumite individual. Sigue leyendo

Grandes resultados no Campionato de España Junior de Judo, Sector Oeste

O pasado domingo 21 de febreiro de 2016 celebrouse o Campionato de España Junior Sector Oeste en Lugo. Desprazaronse ata alí dous judokas do CSFTeo, convocados pola Federación Galega de Judo, Alexandra Lorenzo Piñeiro en categoría Cadete, e Santiago Magán Sanz en categoría Junior de primeiro ano.

Tras unha xornada heroica logran conquistar no caso de Santi a medalla de ouro e no caso de Alexandra un quinto posto.

Santi Magán con este éxito, clasificase para a fase final do Campionato de España que se celebrará en Madrid, dentro de 15 días, onde loitará para aspirar ao alto do caixón,e acadar ser o campión de España!.

Alexandra Lorenzo Piñeiro, 5º posto e Santiago Magán Sanz, medalla de ouro

Alexandra Lorenzo Piñeiro, 5º posto e Santiago Magán Sanz, medalla de ouro

Ouro e prata no Campionato Galego Senior de Karate

As karatecas del Club San Francisco Teo foron un ano máis as dominadoras da modalidade de kumite feminino no Campionato Galego Senior, celebrado en Pontevedra o pasado 7 de febreiro.

Nerea Bellido Echebarrieta e Ruth Lorenzo Couso loitaron polo título autonómico que nesta ocasión foi para Nerea, quen se impuxo á súa compañeira Ruth por un marcador de 2-0, intercambiando deste xeito as posicións ocupadas no campionato do 2015.  Sigue leyendo