Archivo por meses: diciembre 2015

Os equipos de Prebenxamín participan no IV Torneo de Canteiras do Praíña Sporting Club

Hoxe os cativos de Fútbol Sala poñen o colofón ao ano 2015 da mellor maneira posible, disputando as semifinais do IV Torneo de Canteiras do Praíña Sporting Club no pavillón dos Tilos, e sobretodo disfrutando do fútbol sala.

Os prebenxamíns de 1º ano xogan ás 17:30h. contra o Villestro, mentres que os prebenxamíns de 2º ano xogarán ás 18:00h. contra o Victoria. A continuación,  ás 19:00h. e ás 19:30h. serán as finais nas que esperamos estar, e senon quedaramos o ben que o pasamos estes tres días.

Dar as gracias  ao Praiña pola invitación e por organizar este tipo de eventos, e dende fúbol sala: Bo ano 2016!!! no que seguiremos futboleando a nosa maneira.

Prebenxamíns 1º ano

Prebenxamíns 1º ano

Prebenxamíns 2º ano

Prebenxamíns 2º ano

Recibimento aos medallistas nacionais de karate

O pasado luns os nosos medallistas no pasado Campionato de España Cadete, Junior e Sub-21, foron recibidos por algúns dos seus compañeiros de adestramento e por Malena, presidenta do CSFTEO . Isabel, Jacobo e Lucas foron felicitados polas medallas de bronce obtidas en Albacete, respondendo ás preguntas que os máis pequenos fixeron sobre o desenvolvemento da competición.

Diego González Llecha completa a titulación nacional de arbitraxe

Diego González Llecha completou a súa titulación nacional de arbitraxe tras a súa participación no curso que tivo lugar en Albacete, de xeito paralelo ao Campionato de España de Karate Cadete, Junior e Sub-21. Tamén participou neste curso nacional José Alberto Álvarez Taboada, Director de Arbitraxe da FGK, quen actualizaba a súa titulación.

Tres bronces para o CSFTEO no Campionato de España de Karate Cadete, Junior e Sub-21

Excelentes resultados dos karatecas do San Francisco Teo no Campionato de España Cadete, Junior e Sub-21 celebrado en Albacete do 27 ao 29 de novembro. O club teense demostrou que o difícil non é chegar senón manterse, continuando un ano máis nos postos de privilexio do karate español. Sigue leyendo