Archivo por meses: noviembre 2015

Palabras de apoio ás e aos karatecas para o Campionato de España CD/JR/SUB-21

O concelleiro de deportes de Teo, Jorge Carballido Salgado, visitou no día de onte as instalacións do CSFTEO coa finalidade de transmitir o seu apoio aos karatecas do club que esta fin de semana participarán no Campionato de España Cadete, Junior e Sub-21 que se celebra en Albacete. Sigue leyendo

Xornada de autodefensa para persoal sanitario

O pasado domingo celebrouse na cidade de Madrid unha xornada formativa no eido da autodefensa dirixida a persoal que desenvolve a súa actividade profesional no sector sanitario. Nesta actividade, organizada polo Departamento de Muller e Deporte da RFEK, participou Ruth Lorenzo Couso; quen puido coñecer o enfoque específico mostrado ás asistentes á hora de empregar recursos de autodefensa en situacións de conflicto ocorridas neste ámbito.

O curso foi impartido por Teresa García, Ángeles Cárdenas Mata, José María Rodríguez Martín  e José María Fernández López.

Tres medallas no XXX Trofeo de Karate Villa de Colindres

Excelente actuación dos nosos karatecas no XXX Trofeo de Karate Villa de Colindres, celebrado na localidade cántabra do mesmo nome o pasado 15 de novembro de 2015. Ata Colindres desprazouse un equipo composto por catro dos karatecas máis destacados do CSFTEO, xunto co seu adestrador Óscar Lafuente LópezSigue leyendo

Judokas do XIII Adestramento-Campionato de Judo CSF Teo

Novo éxito do XIII Adestramento-Campionato de Judo CSF Teo.

Novo éxito para o Judo teense e compostelano o sábado 14 de novembro, no pavillón municipal dos Tilos en Teo, onde se celebrou o XIII Adestramento Campionato de Judo Club San Francisco Teo.
No evento participaron un total de 180 judokas en dous grupos, o primeiro grupo foron as e os deportistas de Educación Infantil ata 6º de Primaria, que deleitaron ao público con judosuelo e judopé. No segundo grupo de 1º da ESO en adiante realizaron unha concentración comarcal dos/as mellores judokas da comarca co obxectivo da preparación da tempada 2015/16.

Sigue leyendo

XIII Adestramento-Campionato de Judo Club San Francisco Teo, sábado 14 de novembro.

 

Unha cita anual para as categorías de base de Judo é o Adestramento-Campionato Club San Francisco Teo, que este ano celebra a súa décimo terceira edición.

O sábado 14 de novembro, no pavillón municipal dos Tilos, a partir das 10:30h. participarán judokas das idades de Educación Infantil e Primaria de Centros Educativos e Clubs de diferentes concellos próximos ao de Teo.

Será unha xornada, onde as e os deportistas das categorías de base terán a oportunidade de amosar no tatami todas as técnicas, que están aprendendo e perfeccionando nesta tempada que acaba de comezar.