Archivo por meses: octubre 2015

Ilusión e festa no XIV Torneo de Fútbol Sala Club San Francisco Teo

O vivido na tarde do venres 16 e o sábado 17 outubro no pavillón municipal dos Tilos… podíamos estar no día 5 e 6 de xaneiro?, que dicimos? estamos tolos?

Polas facianas de cada un dos cativos e cativas que pasaron polo pavillón parecía que viñan os Reis, que sorrisos, que ollos cheos de ilusión, que alegría, que ben o pasaron!!!! e nós, os maiores tamén, en resumen foi un torneo máxico!!!!!

Gracias as persoas que o fixeron posible: esa marea azul (voluntarias e voluntarios da ARCosTilos e CSF Teo).

Gracias ás casas comerciais: Axencia Inmobiliaria Romero, Bilore Promotora de Vivendas, ElBlogde Belleza Oriflame de Isabel Benavides e a Baja Tu Consumo.

Gracias aos Clubs: S.D.Villestro, C.D.Conxo, Castiñeiriño, Santiago Futsal, Victoria e Praiña Sp.C.

Dende o Club San Francisco Teo non nos queda máis que descansar e dicir: ATA PRONTO MIÑOCOS E VALEU A PENA!!!!!!

Manuel Buján Mirás, adestrador do CSF Teo.

P.D.:

Campión Prebenxamín 2º ano: Castiñeiriño

Campión Prebenxamín 2º ano: Castiñeiriño

Subcampión Prebenxamin 2º ano: Victoria

Subcampión Prebenxamin 2º ano: Victoria

Campión Prebenxamín 1º ano: Santiago Futsal

Campión Prebenxamín 1º ano: Santiago Futsal

Subcampión Prebenxamín 1º ano: Club San Francisco Teo

Subcampión Prebenxamín 1º ano: Club San Francisco Teo

Deixámosvos unha mostra da galería fotográfica do Torneo.

Dúas pratas e un bronce no Torneo de Karate de Póvoa de Varzim

Notable actuación dos karatecas do CSFTeo no Torneo de Karate de Póvoa de Varzim, celebrado o 11 de outubro na localidade portuguesa do mesmo nome. A competición contou coa participación de máis de 500 karatecas e estivo caracterizada polo seu alto nivel técnico, o que obrigou aos teenses a dar o mellor de si mesmos para lograr subir ao podium. Sigue leyendo

Nerea Bellido e Isabel San Martín superan os exames do TAG

O pasado 10 de outubro celebráronse en Santiago de Compostela os exames de cinto negro convocados pola Federación Galega de Karate. As dúas karatecas do CSFTeo que se presentaban superaron con éxito esta proba. Isabel San Martín López obtivo o grao de 1º Dan, mentres que Nerea Bellido Echebarrieta obtivo o grao de 3º Dan.