Archivo por meses: septiembre 2015

Éxito do Proxecto Mundial en Teo

Tras a celebración do Proxecto Mundial en Teo, levado a cabo na localidade de Os Tilos o 19 e 20 de setembro de 2015, tanto a RFEK coma o  San Francisco Teo, coinciden en sinalar o excelente balance obtido nun evento que tivo lugar a escasos dous meses da disputa del Campionato do Mundo Cadete, Junior e Sub-21 de Iakarta (Indonesia). Sigue leyendo

Esta fin de semana, o Proxecto Mundial de Karate en Teo.

Este sábado 19 e o domingo 20 de setembro de 2015, Os Tilos volverá a acoller a celebración dunha nova edición do Proxecto Mundial, concentrando na nosa localidade á elite do karate español e portugués. Unha iniciativa avalada pola Real Federación Española de Karate (RFEK) coa intención de preparar a aqueles deportistas con opcións de participar no Campionato do Mundo CD/JR/SUB-21, que se celebrará o próximo mes de novembro en Iakarta (Indonesia).

O Club San Francisco Teo, como anfitrión, organiza este evento baixo a coordinación de Óscar Lafuente López, Director Técnico do club e coa colaboración do Concello de Teo. Contará coa participación das seleccións española e portuguesa das categorías cadete, junior e sub-21. A elas engádeselle a participación de clubs procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria e Portugal.

Sigue leyendo

Información inicio de tempada 2015/16

Iniciamos unha nova tempada deportiva no Club San Francisco Teo, da cal agardamos que sexa semellante ou mellor á finalizada. Seguiremos traballando pola promoción do deporte como opción saudable fronte ao sedentarismo e como vehículo transmisor de hábitos e valores positivos, a través de tódalas disciplinas deportivas.

Neste mes de setembro deron comezo os seus adestramentos as disciplinas de Karate e Judo, e a medida que avance o mes incorporaranse os demais deportes do CSF Teo, sendo no mes de outubro cando se inicien cos horarios habituais para as e os deportistas.

Nos seguintes enlaces podedes atopar a información dos deportes que comezan a súa actividade deportiva no mes de setembro:

Karate 15-16

Judo 2015-16

Futbol Sala 2015-16*   (horarios provisionais no pavillón municipal de Os Tilos, pendentes de confirmación para esta tempada)

Se precisas máis información estamos en horario de tarde de 16:00 a 21:00 horas ou ben a través do correo electrónico: clubsanfrancisco@arcostilos.org

Comezamos a tempada 2015/16!