Archivo por meses: julio 2015

Fany xogará o Campionato Europeo de Fútbol Americano Feminino

REPRESENTACIÓN DE GALICIA NO EUROPEO DE FÚTBOL AMERICANO FEMININO

Estefanía Ojea González representa a Galicia no Equipo Nacional de Fútbol Americano Feminino que participará no Campionato Europeo que se celebra en Maracena, Granada, do 1 ao 9 de agosto. Estando concetrada en dita localidade dende o 26 de xullo ata a celebración do Campionato.

Se nos achegamos a coñecer a traxectoria desta deportista e de como chegou ata ser convocada para xogar o Europeo descubrimos un exemplo de superación, traballo e esforzo ca finalidade de acadar un obxectivo.

Estefania, máis coñecida como Fany, comezou fai tres anos probando un novo deporte, Fútbol Americano. Provén doutra práctica deportiva, o karate, que tivo que deixalo por unha lesión e tendo gran interese e paixón polo deporte, tanto de forma persoal como profesional.

Cunha gran iniciativa e curiosidade por coñecer un novo deporte, comezou a asistir aos adestramentos co equipo masculino do CSFTeo. Quedou totalmente enganchada, chegando a ser a precursora da practica feminina deportiva en Galicia e animando a formar o primeiro equipo feminino galego, Gladiadoras do CSFTeo.
A súa andaina comezou pola práctica da modalidade de Flag Football, que é Fútbol Americano sen contacto, pero loitando por introducirse na práctica con contacto, Tackle. Sigue leyendo