Archivo por meses: junio 2015

II Gala de Judo Infantil “Batsugun”

 

O pasado sábado 20 de xuño, no pavillón do Restollal en Santiago de Compostela celebrouse a II Gala de Judo Infantil “Batsugun”.

Cun total de 360 participantes,  en  quendas de 120 nenos/as transcorreu a gala onde conseguiron o seu novo cinto ao ascender de grao, co esforzo realizado durante toda a tempada.

Grazas a todas as familias, judokas e voluntarios/as por facer da II Gala todo un éxito.