Archivo por meses: mayo 2015

Os Deportes do CSF Teo nos Campamentos de Verán de ArcOsTilos

Un ano máis, o Club San Francisco Teo colabora nas actividades deportivas que se realizan nos Campamentos de Verán da Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos.

Durante os meses de Xullo e Agosto, en horario de maña, as nenas e nenos de tres anos en adiante poderán coñecer da man dos mestres de Karate e Judo, do adestrador de Fútbol Sala e de deportistas de Fútbol Flag, as modalidades deportivas que se práctican durante toda a tempada no Club, unha forma de comezar a coñecer os distintos deportes ou continuar coa súa práctica durante os meses de verán.

As e os participantes poderán elixir unha actividade específica para comezar o día, e continuarán con piscina, sempre que o tempo o permita, para rematar a maña con actividades de ocio e tempo libre, nas que se utilizan os espazos ao aire libre do entorno dos Tilos.

Máis información no seguinte enlace Campamentos de Verán 2015

Fin da VII Liga Galega de Fútbol Flag

O pasado domingo 23 de maio, finalizaba a VII Liga Galega de Fútbol Flag, onde o equipo mixto de Fútbol Flag acadou o cuarto posto, despois de enfrontarse na fase de PlayOff ao equipo do Towers Football, primeiro clasificado no grupo norte, a pesar da derrota neste partido destacar a gran actuación de todo o equipo ata o último minuto, e durante toda a liga regular.
Noraboa a tod@s por esta boa actuación na LGFF!!

Felicitar dende aquí ao equipo de Vigo Guardians A, que se proclamou campión da VII LGFF, despois de realizar unha gran tempada.

Achegámosvos uns vídeos resumo dos partidos disputados na xornada en casa no Campo da Cañoteira (Cacheiras – Teo):

 
Partido da VII LGFF CSFTeo – Vigo Guardians A

Partido da VII LGFF CSFTeo – Santiago Black Ravens A

Peche de tempada do equipo Prebenxamín de Fútbol Sala

 

Comezaban no mes de setembro os seus adestramentos e esta fin de semana, o equipo de prebenxamíns, xuntaronse nunha gran comida en familia para despedir esta tempada.

Agardamos seguir medrando con vós.

“Un fútbol distinto… un fútbol nos Tilos”.

O equipo mixto de Flag xogará os playoff da LGFF.

Onte á tarde no Campo de Santa Isabel, en Santiago de Compostela, o equipo mixto do Club San Francisco Teo xogou os últimos partidos da Liga Galega de Fútbol Flag (LGFF), pechando  a fase de clasificación para acceder como segundos do grupo sur a xornada de playoff  o vindeiro 24 de maio no campo de Fragoselo (Coruxo-Vigo).

O equipo do CSF Teo tras gañar cinco partidos dun total de oito, chega aos playoff coa mesma meta do inicio de tempada, disfrutar da competición, aprender tras cada partido e loitar ata o pitido final de partido.

*Imaxes da xornada celebrada no Campo da Cañoteira o pasado 25 de abril de 2015.

 

Excelentes resultados dos nosos karatecas na I Copa de Karate Ávalon Kai

Sobresaínte actuación dos karatecas máis novos do CSFTeo na I Copa de Karate Ávalon Kai “Concello de O Pino”, celebrada na localidade de Pedrouzo o pasado 9 de maio de 2015. O balance final foi de 2 ouros, 5 pratas e 9 bronces, todos eles na modalidade de shiai kumite e que situaron ao noso club entre os máis destacados da competición. Para moitos deles tratábase da súa primeira competición e todos pese ao nerviosismo inicial tiveron un fantástico debut. Sigue leyendo